Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca

A mellor volta á rutina

Imaxe
Tivemos un verán especial, con catro sesións moi variadas durante Xullo e Agosto no noso local, e a primeira sesión (Minari) na parroquia de Randufe, grazas á colaboración con Xuntanzas. Tanto a proxección de "Minari" coma a de "Calle Málaga" foron éxitos nunha época na que é difícil ter público, pola grande cantidade de actividades que compiten coa nosa programación. Temos cine martes, xoves e venres, múltiples actividades extra, colaboracións e ciclos temáticos, preparádevos para disfrutar dun cinema diferente e variado. Día 8, martes - O verán rematou, e voltamos co ritmo máis intenso, xunto co comezo de curso. Por iso a nosa primeira película de Setembro é "A Versión Browning", unha emotiva historia dentro dun ríxido colexio inglés na que un vello e estricto profesor, a punto de xubilarse, aprende a superar o seu cinismo e a amargura, e conectar con un alumno especial, e un profesor novo. Michael Redgrave deu unha das máis grandes actuacións da histori...

Cinema e compromiso: Patch Adams con Galiclown

Imaxe
O vindeiro sábado 6 de xuño organizamos a proxección de Patch Adams , en colaboración coa asociación Galiclown . A sesión, aberta a todos os públicos, propón unha xornada de encontro arredor da actividade dos pallasos de hospital e a súa actividade e función bastante descoñecida, combinando entretemento, información e compromiso. Patch Adams (1998), protagonizada por Robin Williams, narra a historia real do doutor Hunter “Patch” Adams, pioneiro na introdución do humor como ferramenta terapéutica, paliativa e humanitaria nos hospitais. Cunha mirada humanista, o filme valora a importancia da empatía, a risa e o coidado emocional no ámbito sanitario, converténdose nunha obra especialmente relevante para coñecer o labor dos pallasos de hospital na actualidade. Trala proxección, abrirase un coloquio co público para afondar na realidade deste tipo de intervencións e no impacto positivo que teñen en pacientes, familias e profesionais sanitarios. Galiclown é unha asociación sen á...

O Cineclub mantén vivo o cinema: Ideas que trouxemos de Viana

Imaxe
O Cineclub Tui participou do encontro LusoGaláico de cineclubs, celebrado dentro do festival de cinema de Viana do Castelo, Encontros 26. Partindo dos difíciles retos que cercan o mundo do cinema, amenazado polo streaming e en franco retroceso (depóis de décadas de peche de salas pequenas, nos últimos poucos anos pecharon tamén no Norte de Portugal unhas 100 salas incluíndo grandes salas e multiplex), discútese o papel dos cineclubes, as salas independentes e o seu encaixe no novo panorama do cine nas nosas rexións. Os encontros deixaron unha idea moi clara: os cineclubes son moito máis ca un lugar onde ver películas. Son espazos comunitarios alternativos, de aprendizaxe e de resistencia cultural. Nun tempo no que a oferta audiovisual parece medrar, pero tende á homoxeneización -algoritmia-, o papel dos cineclubes segue sendo fundamental para defender a diversidade e para crear comunidade arredor do cinema. Son un lugar de descobremento que proporcionan ó espectador unha nova libertade...

Augas de Marzo - Novidades nun mes cargado de cinema

Imaxe
 O mes de Marzo ven cargado de cinema e de novidades, un mes con importantes novidades e actividades extraordinarias: - Sesións gratuitas os xoves 5 e 12, en colaboración coas celebracións do 8M do Concello de Tui. - Sesións especiais o Martes 17, proxección do documental " Mulleres Calvas " con charla e coloquio xunto da Asociación Apelo . -  Arranque da colaboración coa Filmoteca de Galicia , coa proxección de filmes da súa programación, con entrada reducida. - E coma sempre, cinema de calidade de todo o mundo, este mes temos películas de España, Líbano, Francia, EEUU, Bélxica... Martes 3 - Caramel (Nadia Labaki) – Dúas sesións.  Un delicado retrato coral de cinco mulleres en Beirut, que combina humor e tenrura para falar de amor, amizade e emancipación feminina nun salón de beleza cheo de vida.  Xoves 5 - Sufragistas (Sarah Gavron) – Sesión gratuita ás 19:00.  Drama histórico sobre as mulleres que loitaron polo dereito ao voto en Inglaterra, cun elenco de lu...

Celebrando a Catedral

Imaxe
Este luns 24 de Novembro presentouse o programa de actividades culturais que abren as celebracións do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santa María de Tui. É un gran programa, amplo e variado, cobrindo música, conferencias e eventos de distinta índole. Podes descargalo no vínculo abaixo: Programa de actividades En Cineclub Tui temos o gusto de poder contribuir ó programa cunha xornada completa e entretida, entorno á arte e arquitectura de séculos atrás, con sorprendentes conexións coa nosa venerable e única catedral.    Un evento aberto, gratuito e extraordinario que tes que experimentar. A visita con Realidade Virtual (Galiverso)  permitiranos disfrutar dunha experiencia única da arquitectura e paisaxe de Tui e conectalo con outras ubicacións senlleiras de Galicia. A película "O nome da Rosa" , será o prato principal, un extraordinario filme de intriga detectivesca, pero cun rigor histórico innegable. O historiador e divulgador Miguel Ángel Cajigal (B...

O Nome da Rosa, ten moito que ver (e escoitar)

Imaxe
O grande éxito de Sean Connery e Christian Slater, "O nome da Rosa", ten moito que ver con Tui, máis do que imaxinas. En CineClub Tui estamos a preparar un evento moi especial, para este 2 de Decembro de 2025: a Primeira Xornada Imaxe+Letra . O famoso thriller detectivesco medieval será o elemento central desta xornada. A Xornada: "Imaxe+Letra" son xornadas organizadas polo CineClub para xuntar cinema e literatura, con axuda de especialistas e con películas e libros clave unidos por fíos temáticos. Nesta ocasión, coincide co arranque das actividades de conmemoración dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Con forte sabor medieval e referencias á modernidade, nesta ocasión combinamos "O Nome da Rosa" coa presentación do libro " Otra Historia de la Música " de Miguel Angel Cajigal (El Barroquista). A película e a catedral de Tui: O Nome da Rosa non precisa presentación. Un inolvidable Sean Connery encarna un Sherlock Holmes franciscano, en...

El cine que amplía horizontes: proyección de Sorda

Imaxe
Nuestra próxima cita nos trae una película valiente y conmovedora: Sorda , dirigida por Eva Libertad y escrita junto a Nuria Muñoz. Este film de 2025, que ha sido preseleccionado para los Oscar, nos acerca con rigor, sensibilidad y una enorme fuerza artística a una realidad que apenas suele representarse en la gran pantalla: la experiencia de una persona sorda frente a la maternidad, a sus propios miedos e inseguridades, y la distancia que se impone al mundo de los oyentes. El cine nos ilumina sobre aquello lejano a nuestra experiencia, y  Sorda lo hace con una mirada que combina la precisión formal, la emoción y la reflexión social, reivindicando la necesidad de ser  reconocidos en un mundo que invisibiliza esa diferencia. La película encuentra en el lenguaje audiovisual el medio idóneo para transmitir, de manera artística y cinematográfica, una dificultad de comunicación que va más allá del lenguaje, y entra en la diferencia de las vivencias (distintos miedos, distint...

O Santo Oficio

Imaxe
Avanzando nas últimas actividades programadas do “Setembro xudeu” de Tui este xoves, 25 de setembro, ás 20,00 horas se realizará a proxección do filme “Santo Oficio” realizado en 1973 por Arturo Ripstein no Espazo socio-cultural da rúa Camilo José Cela .  O cineasta Arturo Ripstein (Cidade de México, 1943), discípulo de Luis Buñuel, é un director mexicano nacionalizado español dende 2003, que conta cunha ampla filmografía.  É coñecido por unha narración  surrealista intensa, poética, excesiva e vibrante de ideas e emocións. Contrastando cos seus maiores éxitos como "O Castelo da Pureza" (que inspiraría Canino de Lanthimos), "Santo Oficio" resulta moito máis sóbrida e próxima á historia, balanceando un rigor histórico minucioso e a exploración de temas humanos universais. Este tono íntimo débese a que é un proxecto moi personal dun director de orixe xudea que busca as suas proprias orixes. En 1973, cando acada un amplo éxito internacional, escribiu o guión, e logo a...

Sesión Especial - Diana Gonçalves

Imaxe
Este martes 6 retomamos as proxeccións e teremos unha proxección moi especial na que mostraremos unha parte da obra de Diana Gonçalves, directora tudense, que ao longo da súa carreira a fronteira con Portugal foi pura inspiración para as súas historias.  Obras documentais con forte presenza de mulleres protagonistas que nos ensinan as súas vivencias. Será a primeira vez que se proxecten estas tres películas xuntas, ademais de que tamén será a primeira vez que se proxecte en Tui o seu último proxecto, Resonancias, antes de que continúe o seu camiño por festivais, cineclubes e outros espazo culturais. Contaremos ca presenza da propia Diana para un coloquio posterior no que falaremos da súa obra. -Mulleres da raia (2009). 42 minutos        Unha viaxe ás fronteiras setentrionais de Portugal e Galicia lévanos de volta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país ...

NOMADES

Imaxe
 Nómades é unha webserie, creada por Noelia González e Sara Ferro, dirixida por Marta Insua e producida por Mala Herba Produccións .  Fala sobre ese momento vital no que se esgota o plan de estudos e toca comezar a moverse polo mundo adulto; botar currículums, facer prácticas, buscar un lugar onde vivir, etc. Un momento de incerteza e inestabilidade, no que moitas veces toca reconsiderar cousas que a priori semellaban claras. Xorden preguntas como: “Quero dedicarme verdadeiramente a isto?” “Debería opositar? Ou facerme autónoma?” Esta serie dixital conta a historia de dúas amigas, Martina e Sofía, ao longo dunha fin de semana de vacacións, na que irán xurdindo as súas inquedanzas persoais e tamén os seus conflitos, soterrados ao longo de moitos anos de amizade, ata que todo estoupe e teñan que repensarse de novo. Unha producción moi coidada, sincera, e de apariencia moi sinxela, que fala desde o corazón dunha xeración que loita por ser comprendida, apreciada e valorada. Proxec...