Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

Cinema de Maio, volta o sol e os favoritos do público

Imaxe
Cineclub Tui presenta a súa programación para o mes de maio cunha selección moi especial de catro películas que reflicten, unha vez máis, a diversidade e riqueza do cinema que nos gusta compartir. Esta escolma non sería posible sen as achegas e recomendacións do noso público e das persoas socias, que seguen a demostrar que o Cineclub é un espazo vivo construído entre todas e todos. Tres das catro películas foron directamente solicitadas (algunhas varias veces) por vos, cremos que ides a disfrutalas moito. Ao longo do mes viaxaremos por distintas xeografías, estilos e sensibilidades: do romanticismo contido de Hong Kong ao cinema galego contemporáneo, pasando pola épica humanista de Kurosawa e a intensidade urbana do Brasil. Clásicos e obras máis recentes conviven nunha programación que aposta pola variedade, o descubrimento e o pracer de ver cinema en pantalla grande. 5 de maio — Desexando Amar (Wong Kar Wai, 2000, Hong Kong, 98 min) Dúas sesións: 18:30 e 20:45 Considerada unh...

Buena Vista Social Club. Máis que un documental, unha experiencia.

Imaxe
O Cineclub Tui volve á carga cunha proposta moi especial: o vindeiro martes 29 de abril teremos dúas sesións de Buena Vista Social Club, unha das obras máis celebradas de Wim Wenders. As proxeccións terán lugar na sala Camilo José Cela de Tui ás 18:30 e ás 20:45.   Tras o éxito das nosas anteriores sesións dedicadas ao cine de Wenders —nas que a resposta do público foi extraordinaria— damos un paso máis cun filme que ocupa un lugar privilexiado dentro da súa filmografía. Buena Vista Social Club non é só un documental musical: é unha celebración da memoria, da identidade e da forza da música como linguaxe universal.   Dirixida por Wim Wenders en 1999, a película acompaña a un grupo de lendarios músicos cubanos —como Compay Segundo, Ibrahim Ferrer ou Omara Portuondo— na súa recuperación artística e no seu inesperado regreso aos escenarios internacionais. A cámara de Wenders, delicada e atenta, capta non só as interpretacións musicais senón tamén as historias vitais que...

"Unha historia verdadeira": o David Lynch máis humano

Imaxe
Hai filmes que desafían as expectativas, e poucos exemplos tan fascinantes existen como Una historia verdadera ( The Straight Story , 1999), dirixida por David Lynch. O próximo martes 21 de abril ás 19:30 , o Cineclub Tui proxectará esta obra única nunha excelente copia restaurada en 4K cedida pola Filmoteca de Galicia , dentro do noso programa de colaboración. A entrada terá un prezo simbólico de 2€ para todo o público, no noso local habitual: Centro Camilo José Cela, Tui . Lévase xa un ano sen David Lynch , falecido en 2025, e a sensación de baleiro segue sendo enorme. No Cineclub xa fixemos unha homaxe poucos días despóis da súa morte e sempre tivemos debilidade pola súa incrible obra. Poucos creadores souberon transformar o cinema —e a arte contemporánea en xeral— coa forza e a imaxinación coa que el o fixo. Lynch expandiu as fronteiras da narrativa audiovisual, convertendo o estraño e o familiar nun espello das áreas máis escuras e agochadas da mente humana. Una historia verda...