Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Dersu Uzala - cinema, natureza e humanidade

Imaxe
O Cineclub Tui continúa coa súa programación cunha proposta imprescindible para amantes do cinema, da aventura e da natureza: o vindeiro martes proxectaremos Dersu Uzala (1975), unha das obras máis fermosas, singulares e humanistas de Akira Kurosawa. O próximo martes, 19 de Maio, o Cineclub Tui trae á súa pantalla Dersu Uzala , unha película inesquecible dirixida por Akira Kurosawa e gañadora de múltiples premios, incluido o Óscar á mellor película estranxeira. Baseada nos diarios do explorador Vladimir Arseniev (e polo tanto unha historia real), a obra reconstrúe o encontro entre éste e Dersu, un cazador nómade da taiga siberiana, cuxa relación se converte nun dos retratos máis conmovedores da amizade no cinema. Dende o punto de vista cinematográfico, estamos ante unha das películas máis atípicas de Kurosawa. Rodada en 70 mm e en localizacións naturais da Unión Soviética, a cinta destaca por unha planificación visual que privilexia a relación entre o ser humano e o espazo . A p...

O Cineclub mantén vivo o cinema: Ideas que trouxemos de Viana

Imaxe
O Cineclub Tui participou do encontro LusoGaláico de cineclubs, celebrado dentro do festival de cinema de Viana do Castelo, Encontros 26. Partindo dos difíciles retos que cercan o mundo do cinema, amenazado polo streaming e en franco retroceso (depóis de décadas de peche de salas pequenas, nos últimos poucos anos pecharon tamén no Norte de Portugal unhas 100 salas incluíndo grandes salas e multiplex), discútese o papel dos cineclubes, as salas independentes e o seu encaixe no novo panorama do cine nas nosas rexións. Os encontros deixaron unha idea moi clara: os cineclubes son moito máis ca un lugar onde ver películas. Son espazos comunitarios alternativos, de aprendizaxe e de resistencia cultural. Nun tempo no que a oferta audiovisual parece medrar, pero tende á homoxeneización -algoritmia-, o papel dos cineclubes segue sendo fundamental para defender a diversidade e para crear comunidade arredor do cinema. Son un lugar de descobremento que proporcionan ó espectador unha nova libertade...