NOMADES

 Nómades é unha webserie, creada por Noelia González e Sara Ferro, dirixida por Marta Insua e producida por Mala Herba Produccións

Fala sobre ese momento vital no que se esgota o plan de estudos e toca comezar a moverse polo mundo adulto; botar currículums, facer prácticas, buscar un lugar onde vivir, etc. Un momento de incerteza e inestabilidade, no que moitas veces toca reconsiderar cousas que a priori semellaban claras. Xorden preguntas como: “Quero dedicarme verdadeiramente a isto?” “Debería opositar? Ou facerme autónoma?”



Esta serie dixital conta a historia de dúas amigas, Martina e Sofía, ao longo dunha fin de semana de vacacións, na que irán xurdindo as súas inquedanzas persoais e tamén os seus conflitos, soterrados ao longo de moitos anos de amizade, ata que todo estoupe e teñan que repensarse de novo.

Unha producción moi coidada, sincera, e de apariencia moi sinxela, que fala desde o corazón dunha xeración que loita por ser comprendida, apreciada e valorada.

Proxectaremos dous pases especiais desta fantástica obra audiovisual, puidendo disfrutar dos tres capítulos íntegros, con presentación das súas autoras e coloquio posterior.


- Martes 11 de Marzo, 2025, no Centro SocioCultural Camilo José Cela en Tui.  

    Entrada socios: de balde

    Entrada non-socios: 2€

    1ª Sesión: 18:30

    2ª Sesión: 20:45 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

El año en que todo comienza

Jim Jarmusch, ferozmente independente

Programación de Nadal (parte 2)