Celebrando a Catedral
Este luns 24 de Novembro presentouse o programa de actividades culturais que abren as celebracións do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santa María de Tui. É un gran programa, amplo e variado, cobrindo música, conferencias e eventos de distinta índole. Podes descargalo no vínculo abaixo:
En Cineclub Tui temos o gusto de poder contribuir ó programa cunha xornada completa e entretida, entorno á arte e arquitectura de séculos atrás, con sorprendentes conexións coa nosa venerable e única catedral. Un evento aberto, gratuito e extraordinario que tes que experimentar.
A visita con Realidade Virtual (Galiverso) permitiranos disfrutar dunha experiencia única da arquitectura e paisaxe de Tui e conectalo con outras ubicacións senlleiras de Galicia.
A película "O nome da Rosa", será o prato principal, un extraordinario filme de intriga detectivesca, pero cun rigor histórico innegable.
O historiador e divulgador Miguel Ángel Cajigal (Barroquista) discutirá a película, as súas claves principais e a súa conexión coa Catedral neses anos.
Barroquista presentará o seu libro "Otra historia de la música ¿Qué pensaría Bach de la música actual?", abrirá un sempre estimulante debate, e firmará exemplares.
Teremos todo isto desde as 17:00 no espacio Camilo José Cela, con acceso gratuito ata completar aforo.




Comentarios
Publicar un comentario