O Nome da Rosa, ten moito que ver (e escoitar)

O grande éxito de Sean Connery e Christian Slater, "O nome da Rosa", ten moito que ver con Tui, máis do que imaxinas.


En CineClub Tui estamos a preparar un evento moi especial, para este 2 de Decembro de 2025: a Primeira Xornada Imaxe+Letra. O famoso thriller detectivesco medieval será o elemento central desta xornada.

A Xornada:

"Imaxe+Letra" son xornadas organizadas polo CineClub para xuntar cinema e literatura, con axuda de especialistas e con películas e libros clave unidos por fíos temáticos. Nesta ocasión, coincide co arranque das actividades de conmemoración dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Con forte sabor medieval e referencias á modernidade, nesta ocasión combinamos "O Nome da Rosa" coa presentación do libro "Otra Historia de la Música" de Miguel Angel Cajigal (El Barroquista).

A película e a catedral de Tui:

O Nome da Rosa non precisa presentación. Un inolvidable Sean Connery encarna un Sherlock Holmes franciscano, enfrentándose aos misteriosos asesinatos nunha abadía na alta idade media, durante o papado de Xoan XXII.

O que quizáis non saibades é que o terrible inquisidor Bernado Gui (Bernardo Guidoni na novela de Umberto Eco, e o excelente F. Murray Abraham na película), é a ficcionalización dunha importante figura histórica ligada á catedral de Tui. Bernado Gui foi realmente inquisidor durante o papado de Xoan XXII, escribiu vidas de santos, e ademáis, foi bispo de Tui durante o ano 1323, cmo sabemos grazas ao fantástico traballo de Rafael Sánchez Barciela en "Tudensia", en particular neste artículo de 2020.

Sí, sómentes un ano, pero foi un ano importante, pois o papa encárgalle ao noso Bernado Gui que reclame para o papado o patrimonio do anterior bispo, Xoan Fernández de Soutomaior, que se situaba fora da influencia de Xoan XXII. Con isto, o papa pretende exercer maior control sobre a zona, garantir os intereses do papado, e manter unha sempre necesaria fonte de financiación. Dalguna maneira, o inquisidor Gui é tamén o malo nesta película, igualmente motivado pola súa lealdade á Santa Sé.

Bernado Gui nin sequera chegou a visitar Tui, pero esta inesperada coincidencia conéctanos totalmente coa época e temática do filme.

O libro e a catedral de Tui:

O autor do libro, Miguel Angel Cajigal (El Barroquista), non é somentes un historiador e escritor, é un dos mellores divulgadores da historia da arte en España, especializado en desmontar mitos, e traernos ao presente os contextos da creación artística anterga. Cunha gran naturalidade e cercanía, "Otra historia de la música" traza liñas entre a música barroca e as listas de reproducción dos servicios móbiles, entre a música das películas actuais e a música máis académica, entre as prácticas da industria musical moderna e as óperas clásicas.

É Barroquista quen propón "O nome da Rosa" para esta xornada, porque é unha excelente película que adapta un excelente libro, que fai ese esforzo por desmitificar unha época que nos resulta extraña e escura. Pero sobre todo porque é un grande amante da Catedral de Tui e do patrimonio cultural da nosa cidade, e atopou que esta película reflicte o ambiente entre os séculos XIII e XIV, incluídas os conflictos e intrigas na Igrexa da época. 

Pero Barroquista tamén é un grande admirador do extraordinario órgano da nosa catedral, excepcional en construcción, son e historia, e que liga perfectamente coa música, época e estética do grande protagonista do seu libro: J.S.Bach.

As actividades:

Toda a xornada terá lugar na nosa sede habitual, o Centro Sociocultural Camilo José Cela de Tui. Pola tardiña, ás 17:00, teremos a oportunidade de disfrutar dunha visita virtual ós tellados da Catedral empregando Realidade Virtual, xunto a outras experiencias ligadas ao Camiño de Santiago, grazas á experiencia "O Galiverso comeza aquí", que nos traen alumnos do IES San Paio. Teremos varias gafas de realidade virtual e tentaremos que todos os visitantes poidan gozar esta experiencia única.

Ás 18:30 terá lugar un breve acto e a presentación da película a cargo de Miguel Angel Cajigal. Proxectaremos o filme completo, na súa mellor versión dixital, recentemente restaurada. Entrada gratuita ata completar aforo.

Ao rematar a proxección, entorno ás 21:00, Miguel Angel dará unha breve charla histórica relacionada co filme, e teremos o privilexio de poder contar con él nun coloquio sobre o seu libro, en que o público poderá preguntar e achegar ideas, cuestións e conexións insólitas.

Durante o evento, Barroquista firmará exemplares do seu último libro (ou calquera dos seus libros anteriores, se os traedes), e teremos exemplares de "Otra historia de la música", cortesía de Librería Nobel de Tui.

É a nosa primeira xornada de Imaxe+Letra, e coidamos que arrancamos cun tandem extraodinario de película e libro, que esperamos poder disfrutar con todos vós. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

El año en que todo comienza

Jim Jarmusch, ferozmente independente

Wim Wenders: Cartógrafo de Emociones