Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Libros

Terror, humor e metáforas. Programación de Noviembro

Imaxe
Novembro é un mes especial para o Cineclub. Cada ano arrancamos o mes cun guiño ó cinema de terror, pero sempre cunha volta especial. O primeiro ano foi a incrible "One cut of the Dead" (unha sesión moi lembrada), metacine disfrazado de horror de serie B. O ano pasado foron Haneke e Sorogoyen.  Este ano o real, o fantástico, o humor e o medo parecen ir e vir xuntos ligados polo surrealismo e o onirismo coma estilo e coma recurso. Unha programación moi variada pero con moito máis en común do que parece. Donnie Darko é a nosa opción máis próxima ó Samaín. Cunha envoltura de Ciencia Ficción e unha ambientación gótica, esta película ten a súa apoteosis no día de mortos (ou noite de bruxas), nun barrio americano en 1988, e vese como unha versión oscura, adolescente e invertida da historia de Alicia no País das Marabillas (e A Través do Espello), con múltiples paralelismos. De feito, ademáis de ser a nosa escolla de Samaín, é tamén unha colaboración co programa da Biblioteca Munic...

Becket, morte na catedral

Imaxe
 Continuando co tema da exitosa proxección da semana pasada, este martes 9 temos no Cineclub outra excelente película histórica co poder e a relixión como temas centrales. Nesta ocasión trátase de Becket (1964), un cara a cara entre dous xigantes da interpretación (Peter O'Toole e Richard Burton) que reflicte a complexa relación entre dúas figuras moi controvertidas: o Rei Enrique II de Inglaterra, e Thomas Becket, o que foi seu mellor amigo, canciller, e finalmente, como primer Arzobispo de Canterbury. Desde esa posición, enfronta ó Rei e as súas reformas, poñendo a Igrexa por enriba de todo o terrenal: o estado, a amizade, e incluso a súa propia vida. É unha historia que foi contada varias veces desde diferentes perspectivas, pois Thomas Becket é entendido por algúns como un exemplo de integridade (foi convertido en Santo pola Igrexa) fronte o poder. Se ben a historia real é moito máis complexa, e ten que ver coas tradicións dos reis absolutistas normandos en choque cos costumes ...

O Nome da Rosa, ten moito que ver (e escoitar)

Imaxe
O grande éxito de Sean Connery e Christian Slater, "O nome da Rosa", ten moito que ver con Tui, máis do que imaxinas. En CineClub Tui estamos a preparar un evento moi especial, para este 2 de Decembro de 2025: a Primeira Xornada Imaxe+Letra . O famoso thriller detectivesco medieval será o elemento central desta xornada. A Xornada: "Imaxe+Letra" son xornadas organizadas polo CineClub para xuntar cinema e literatura, con axuda de especialistas e con películas e libros clave unidos por fíos temáticos. Nesta ocasión, coincide co arranque das actividades de conmemoración dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Con forte sabor medieval e referencias á modernidade, nesta ocasión combinamos "O Nome da Rosa" coa presentación do libro " Otra Historia de la Música " de Miguel Angel Cajigal (El Barroquista). A película e a catedral de Tui: O Nome da Rosa non precisa presentación. Un inolvidable Sean Connery encarna un Sherlock Holmes franciscano, en...

Programación de Nadal (parte 2)

Imaxe
 En Xaneiro continuamos coa nosa moi especial actividade para disfrutar coa familia, sempre pensando no disfrute dun cine ben feito, con ambición, qualidade e valores artísticos. O día 4 proxectaremos o filme Big Fish (Tim Burton, 2003), presentada e comentada por Milena Martínez Basalo, natural de Tui e autora de "El imaginario fantástico de Tim Burton", un libro fascinante que explora a creatividade visual de Tim Burton, tan palpable nesta película en na súa peculiar narrativa e poética. O día 11 de Xaneiro ofrecemos unha das máis fermosas pezas de animación dos últimos anos: "O menino e o Mundo" (Alé Abreu, 2013), unha obra cargada de significados escondida dentro duns preciosos trazos coloridos e expresivos, unha animación fascinante e unha música que quere quedar connosco.