Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cine Galego

A mellor volta á rutina

Imaxe
Tivemos un verán especial, con catro sesións moi variadas durante Xullo e Agosto no noso local, e a primeira sesión (Minari) na parroquia de Randufe, grazas á colaboración con Xuntanzas. Tanto a proxección de "Minari" coma a de "Calle Málaga" foron éxitos nunha época na que é difícil ter público, pola grande cantidade de actividades que compiten coa nosa programación. Temos cine martes, xoves e venres, múltiples actividades extra, colaboracións e ciclos temáticos, preparádevos para disfrutar dun cinema diferente e variado. Día 8, martes - O verán rematou, e voltamos co ritmo máis intenso, xunto co comezo de curso. Por iso a nosa primeira película de Setembro é "A Versión Browning", unha emotiva historia dentro dun ríxido colexio inglés na que un vello e estricto profesor, a punto de xubilarse, aprende a superar o seu cinismo e a amargura, e conectar con un alumno especial, e un profesor novo. Michael Redgrave deu unha das máis grandes actuacións da histori...

O Cineclub mantén vivo o cinema: Ideas que trouxemos de Viana

Imaxe
O Cineclub Tui participou do encontro LusoGaláico de cineclubs, celebrado dentro do festival de cinema de Viana do Castelo, Encontros 26. Partindo dos difíciles retos que cercan o mundo do cinema, amenazado polo streaming e en franco retroceso (depóis de décadas de peche de salas pequenas, nos últimos poucos anos pecharon tamén no Norte de Portugal unhas 100 salas incluíndo grandes salas e multiplex), discútese o papel dos cineclubes, as salas independentes e o seu encaixe no novo panorama do cine nas nosas rexións. Os encontros deixaron unha idea moi clara: os cineclubes son moito máis ca un lugar onde ver películas. Son espazos comunitarios alternativos, de aprendizaxe e de resistencia cultural. Nun tempo no que a oferta audiovisual parece medrar, pero tende á homoxeneización -algoritmia-, o papel dos cineclubes segue sendo fundamental para defender a diversidade e para crear comunidade arredor do cinema. Son un lugar de descobremento que proporcionan ó espectador unha nova libertade...

Cinema de Maio, volta o sol e os favoritos do público

Imaxe
Cineclub Tui presenta a súa programación para o mes de maio cunha selección moi especial de catro películas que reflicten, unha vez máis, a diversidade e riqueza do cinema que nos gusta compartir. Esta escolma non sería posible sen as achegas e recomendacións do noso público e das persoas socias, que seguen a demostrar que o Cineclub é un espazo vivo construído entre todas e todos. Tres das catro películas foron directamente solicitadas (algunhas varias veces) por vos, cremos que ides a disfrutalas moito. Ao longo do mes viaxaremos por distintas xeografías, estilos e sensibilidades: do romanticismo contido de Hong Kong ao cinema galego contemporáneo, pasando pola épica humanista de Kurosawa e a intensidade urbana do Brasil. Clásicos e obras máis recentes conviven nunha programación que aposta pola variedade, o descubrimento e o pracer de ver cinema en pantalla grande. 5 de maio — Desexando Amar (Wong Kar Wai, 2000, Hong Kong, 98 min) Dúas sesións: 18:30 e 20:45 Considerada unh...

Augas de Marzo - Novidades nun mes cargado de cinema

Imaxe
 O mes de Marzo ven cargado de cinema e de novidades, un mes con importantes novidades e actividades extraordinarias: - Sesións gratuitas os xoves 5 e 12, en colaboración coas celebracións do 8M do Concello de Tui. - Sesións especiais o Martes 17, proxección do documental " Mulleres Calvas " con charla e coloquio xunto da Asociación Apelo . -  Arranque da colaboración coa Filmoteca de Galicia , coa proxección de filmes da súa programación, con entrada reducida. - E coma sempre, cinema de calidade de todo o mundo, este mes temos películas de España, Líbano, Francia, EEUU, Bélxica... Martes 3 - Caramel (Nadia Labaki) – Dúas sesións.  Un delicado retrato coral de cinco mulleres en Beirut, que combina humor e tenrura para falar de amor, amizade e emancipación feminina nun salón de beleza cheo de vida.  Xoves 5 - Sufragistas (Sarah Gavron) – Sesión gratuita ás 19:00.  Drama histórico sobre as mulleres que loitaron polo dereito ao voto en Inglaterra, cun elenco de lu...

Xuño continúa, compromiso co cinema

Imaxe
Presentámovos o cartel da programación próxima de Xuño, cunha palabra en mente: compromiso. O Martes 10 presentamos Dorothé na Vila (Olaia Tubío e Alejandro Gándara, 2020), nunha sesión moi especial dedicada ás protagonistas das Letras Galegas deste ano: as cantareiras e a tradición oral cantada en lingua galega. Dorothé na Vila é unha longametraxe documental que busca historias humanas detrás do Cancioneiro Popular Galego, a obra da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, que percorreu as aldeas de Galicia nos anos setenta e oitenta para gravar e clasificar as nosas músicas de tradición oral. A película visita diversos puntos do país para coñecer algunhas das persoas —maioritariamente mulleres— que foron gravadas pola investigadora ou que lle axudaron na súa aventura. O filme quere ser unha homenaxe ás persoas que deron voz ás gravacións, destacar as súas vidas e os seus saberes, especialmente os desas mulleres que transmitiron, sustentaron e enriqueceron durante xeracións a nosa trad...

Sesión Especial - Diana Gonçalves

Imaxe
Este martes 6 retomamos as proxeccións e teremos unha proxección moi especial na que mostraremos unha parte da obra de Diana Gonçalves, directora tudense, que ao longo da súa carreira a fronteira con Portugal foi pura inspiración para as súas historias.  Obras documentais con forte presenza de mulleres protagonistas que nos ensinan as súas vivencias. Será a primeira vez que se proxecten estas tres películas xuntas, ademais de que tamén será a primeira vez que se proxecte en Tui o seu último proxecto, Resonancias, antes de que continúe o seu camiño por festivais, cineclubes e outros espazo culturais. Contaremos ca presenza da propia Diana para un coloquio posterior no que falaremos da súa obra. -Mulleres da raia (2009). 42 minutos        Unha viaxe ás fronteiras setentrionais de Portugal e Galicia lévanos de volta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país ...

Nomades: As nosas sesións con Mala Herba

Imaxe
Onte, 11 de Marzo de 2025, tivemos unha tarde máxica no Centro Camilo José Cela de Tui. Todo gracias a unhas rapazas que nos trouxeron o mellor regalo que poderíamos pedir. Dirixida por Marta Insua, escrita e protagonizada por Noelia González e Sara Ferro, Nómades é un proxecto nacido do puro gusto por facer cine, e dun equipo que traballou dende a fé nas propias ideas e a amizade, a xenerosidade e o espíritu de equipo. Iso de por sí é un regalo que o equipo creativo e técnico de Nómades ofrece ó mundo. Un día, hai apenas unhas semanas, apareceu no noso email unha mensaxe ofrecéndonos a proxección da película para o público de Tui, incluíndo presentación e debate por parte das súas creadoras. Amosar a creación galega, e moi en particular a da comarca, está no ADN do Cineclub, así que foi un auténtico regalo. Pero ademáis, despois de ver o trailer e material promocional, o traballo tiña un aspecto fantástico: gran fotografía, fermosas paisaxes galegas, moi ben actuada, deliciosa música ...

NOMADES

Imaxe
 Nómades é unha webserie, creada por Noelia González e Sara Ferro, dirixida por Marta Insua e producida por Mala Herba Produccións .  Fala sobre ese momento vital no que se esgota o plan de estudos e toca comezar a moverse polo mundo adulto; botar currículums, facer prácticas, buscar un lugar onde vivir, etc. Un momento de incerteza e inestabilidade, no que moitas veces toca reconsiderar cousas que a priori semellaban claras. Xorden preguntas como: “Quero dedicarme verdadeiramente a isto?” “Debería opositar? Ou facerme autónoma?” Esta serie dixital conta a historia de dúas amigas, Martina e Sofía, ao longo dunha fin de semana de vacacións, na que irán xurdindo as súas inquedanzas persoais e tamén os seus conflitos, soterrados ao longo de moitos anos de amizade, ata que todo estoupe e teñan que repensarse de novo. Unha producción moi coidada, sincera, e de apariencia moi sinxela, que fala desde o corazón dunha xeración que loita por ser comprendida, apreciada e valorada. Proxec...