Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Etnográfico

Adio Kerida

Imaxe
Avanza a programación do “Setembro Xudeu” que promove o Concello de Tui ao longo deste mes, cunha Nova cita dentro da programación do "Setembro Xudeu" promovido polo Concello de Tui, agora coa proxección do documental “Adio Kerida” da antropóloga cubana-estadounidense Ruth Behar. Behar rexistra todas as etapas, os pensamentos e os testemuños recolleitos durante as súas viaxes a Cuba (do 1999 ó 2001) para descubrir a súa propia identidade. A película é un documento único porque testemuña a identidade sefardí cubana e ao mesmo tempo insignia como a viaxe modela e transforma a identidade da antropóloga. Adio Kerida é un documental subxectivo, que trata sobre a procura de identidade e historia entre un grupo de xudeus sefardís con raíces en Cuba.  O título do documental, Adio Kerida, provén dunha canción de amor sefardí, e o seu propósito é realzar os temas de expulsión, partida e exilio que xacen no punto crucial do legado sefardí. Ao mesmo tempo, o título invoca a enerxía creat...

A mellor volta á rutina

Imaxe
Tivemos un verán especial, con catro sesións moi variadas durante Xullo e Agosto no noso local, e a primeira sesión (Minari) na parroquia de Randufe, grazas á colaboración con Xuntanzas. Tanto a proxección de "Minari" coma a de "Calle Málaga" foron éxitos nunha época na que é difícil ter público, pola grande cantidade de actividades que compiten coa nosa programación. Temos cine martes, xoves e venres, múltiples actividades extra, colaboracións e ciclos temáticos, preparádevos para disfrutar dun cinema diferente e variado. Día 8, martes - O verán rematou, e voltamos co ritmo máis intenso, xunto co comezo de curso. Por iso a nosa primeira película de Setembro é "A Versión Browning", unha emotiva historia dentro dun ríxido colexio inglés na que un vello e estricto profesor, a punto de xubilarse, aprende a superar o seu cinismo e a amargura, e conectar con un alumno especial, e un profesor novo. Michael Redgrave deu unha das máis grandes actuacións da histori...

Cinema de Maio, volta o sol e os favoritos do público

Imaxe
Cineclub Tui presenta a súa programación para o mes de maio cunha selección moi especial de catro películas que reflicten, unha vez máis, a diversidade e riqueza do cinema que nos gusta compartir. Esta escolma non sería posible sen as achegas e recomendacións do noso público e das persoas socias, que seguen a demostrar que o Cineclub é un espazo vivo construído entre todas e todos. Tres das catro películas foron directamente solicitadas (algunhas varias veces) por vos, cremos que ides a disfrutalas moito. Ao longo do mes viaxaremos por distintas xeografías, estilos e sensibilidades: do romanticismo contido de Hong Kong ao cinema galego contemporáneo, pasando pola épica humanista de Kurosawa e a intensidade urbana do Brasil. Clásicos e obras máis recentes conviven nunha programación que aposta pola variedade, o descubrimento e o pracer de ver cinema en pantalla grande. 5 de maio — Desexando Amar (Wong Kar Wai, 2000, Hong Kong, 98 min) Dúas sesións: 18:30 e 20:45 Considerada unh...

O Santo Oficio

Imaxe
Avanzando nas últimas actividades programadas do “Setembro xudeu” de Tui este xoves, 25 de setembro, ás 20,00 horas se realizará a proxección do filme “Santo Oficio” realizado en 1973 por Arturo Ripstein no Espazo socio-cultural da rúa Camilo José Cela .  O cineasta Arturo Ripstein (Cidade de México, 1943), discípulo de Luis Buñuel, é un director mexicano nacionalizado español dende 2003, que conta cunha ampla filmografía.  É coñecido por unha narración  surrealista intensa, poética, excesiva e vibrante de ideas e emocións. Contrastando cos seus maiores éxitos como "O Castelo da Pureza" (que inspiraría Canino de Lanthimos), "Santo Oficio" resulta moito máis sóbrida e próxima á historia, balanceando un rigor histórico minucioso e a exploración de temas humanos universais. Este tono íntimo débese a que é un proxecto moi personal dun director de orixe xudea que busca as suas proprias orixes. En 1973, cando acada un amplo éxito internacional, escribiu o guión, e logo a...

Sefarad

Imaxe
Hubo un tiempo en que la península ibérica era un ejemplo de convivencia, y la huella de ese tiempo está en la riquísima y sincrética arquitectura de nuestros más hermosos conjuntos históricos, en los nombres, en las canciones, historias y leyendas, que mezclan elementos paganos, cristianos, célticos, judíos, árabes y magrebíes. En Tui, en particular, compartimos con otras capitales medievales de Galicia (desde Monforte a Pontevedra o Allariz) la suerte de contar con patrimonio arquitectónico y cultural judía, tan pronto como en el Siglo X.  Cuatro siglos después, ya completada la reconquista y bajo una visión del mundo que perseguía la pureza cristiana de la península, familias y comunidades enteras tuvieron que esconder su identidad, sus rituales, su imaginería, convirtiéndose en este caso en criptojudíos, en falsos conversos, o en conversos, abandonando sus creencias y costumbres. Sefarad era la España judía, tal y como Al-Andalus era la España musulmana, tres Españas superpuest...

Sesión Especial - Diana Gonçalves

Imaxe
Este martes 6 retomamos as proxeccións e teremos unha proxección moi especial na que mostraremos unha parte da obra de Diana Gonçalves, directora tudense, que ao longo da súa carreira a fronteira con Portugal foi pura inspiración para as súas historias.  Obras documentais con forte presenza de mulleres protagonistas que nos ensinan as súas vivencias. Será a primeira vez que se proxecten estas tres películas xuntas, ademais de que tamén será a primeira vez que se proxecte en Tui o seu último proxecto, Resonancias, antes de que continúe o seu camiño por festivais, cineclubes e outros espazo culturais. Contaremos ca presenza da propia Diana para un coloquio posterior no que falaremos da súa obra. -Mulleres da raia (2009). 42 minutos        Unha viaxe ás fronteiras setentrionais de Portugal e Galicia lévanos de volta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país ...