Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xuvenil

SEMANA DE CINE DE TUI

Imaxe
Coincidindo co noso aniversario, celebramos a nosa Primeira Semana de Cine desde o luns 5 ao domingo 11 de Outubro, e queremos invitarvos a disfrutar unha programación de sete días consecutivos de proxeccións. Longametraxes, clásicos, curtas, coloquios e unha sesión especialmente dirixida ao público familiar. Queremos dar algo para todos, en resposta á boa acollida, o apoio e ó cariño que temos recibido sempre do público do Cineclub. A programación combina películas de diferentes épocas e procedencias, desde o grande clásico ‘ O sétimo selo ’, de Ingmar Bergman, ata producións recentes e daquí como ‘ Antes de nós ’, que foi levada hai días a San Sebastián.  Agás a sesión inaugural, que se celebrará no Teatro Municipal, as proxeccións terán lugar no Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela. "Antes de nós" inaugura a programación A Semana de Cine comeza o luns 5 de outubro, ás 11:00 h, coa proxección de Antes de nós , unha película de 84 minutos dirixida por Ángeles Huerta...

Cinema de Maio, volta o sol e os favoritos do público

Imaxe
Cineclub Tui presenta a súa programación para o mes de maio cunha selección moi especial de catro películas que reflicten, unha vez máis, a diversidade e riqueza do cinema que nos gusta compartir. Esta escolma non sería posible sen as achegas e recomendacións do noso público e das persoas socias, que seguen a demostrar que o Cineclub é un espazo vivo construído entre todas e todos. Tres das catro películas foron directamente solicitadas (algunhas varias veces) por vos, cremos que ides a disfrutalas moito. Ao longo do mes viaxaremos por distintas xeografías, estilos e sensibilidades: do romanticismo contido de Hong Kong ao cinema galego contemporáneo, pasando pola épica humanista de Kurosawa e a intensidade urbana do Brasil. Clásicos e obras máis recentes conviven nunha programación que aposta pola variedade, o descubrimento e o pracer de ver cinema en pantalla grande. 5 de maio — Desexando Amar (Wong Kar Wai, 2000, Hong Kong, 98 min) Dúas sesións: 18:30 e 20:45 Considerada unh...

Próxima proyección: El extraordinario viaje de T. S. Spivet - Cineclub Tui

Imaxe
El próximo martes 22 de julio a las 20:30 horas, el Cineclub Tui proyectará "El extraordinario viaje de T. S. Spivet", una película familiar llena de magia, aventura y emociones que conquistará a espectadores de todas las edades. Dirigida por Jean-Pierre Jeunet (Amélie), esta cinta narra la increíble odisea de T. S., un niño genio de 10 años que emprende un viaje solitario a través de Estados Unidos para recibir un prestigioso premio científico. Con una estética visual deslumbrante y una historia que combina humor, ternura y reflexión, la película celebra la curiosidad, la valentía y los lazos familiares. ¿Por qué verla en pantalla grande? Fotografía espectacular: Los paisajes y los detalles visuales merecen ser disfrutados en toda su dimensión. Todos los planos y los colores que hicieron famoso a Jeannette por Amelia, están aquí al servicio de la historia, más contenidos, pero igual de extraordinarios. El director se rinde al paisaje del medio Oeste ...

Nomades: As nosas sesións con Mala Herba

Imaxe
Onte, 11 de Marzo de 2025, tivemos unha tarde máxica no Centro Camilo José Cela de Tui. Todo gracias a unhas rapazas que nos trouxeron o mellor regalo que poderíamos pedir. Dirixida por Marta Insua, escrita e protagonizada por Noelia González e Sara Ferro, Nómades é un proxecto nacido do puro gusto por facer cine, e dun equipo que traballou dende a fé nas propias ideas e a amizade, a xenerosidade e o espíritu de equipo. Iso de por sí é un regalo que o equipo creativo e técnico de Nómades ofrece ó mundo. Un día, hai apenas unhas semanas, apareceu no noso email unha mensaxe ofrecéndonos a proxección da película para o público de Tui, incluíndo presentación e debate por parte das súas creadoras. Amosar a creación galega, e moi en particular a da comarca, está no ADN do Cineclub, así que foi un auténtico regalo. Pero ademáis, despois de ver o trailer e material promocional, o traballo tiña un aspecto fantástico: gran fotografía, fermosas paisaxes galegas, moi ben actuada, deliciosa música ...