Axudades a levar 'Anónimas' á pantalla?
A equipa de 'Anónimas' está a sacar adiante un proxecto audiovisual dende Galicia que precisa do voso apoio. ' Anónimas ' é unha comedia negra con moita retranca, absurdo e tenrura. Cinco mulleres coinciden nun taller de crecemento privado dirixido por unha terapeuta que, probablemente, necesita máis terapia que elas. Despois de moito traballo, os días 27, 28, 29 e 30 de novembro rodarán a curtametraxe no histórico Baile do Comunista , en Maceda (Ourense). Xa teñen localización e equipo pechados, pero necesitan un último empurrón para facelo realidade, por iso lanzan unha campaña de micromecenazgo en Goteo . O proxecto xa espertou interese na prensa local e La Región fíxose eco desta aventura audiovisual nacida en Ourense e da nosa próxima rodaxe. Dende o Cineclub apoiamos toda iniciativa creativa galega, e compartimos con elas algo importante: as ganas de que o cine siga facéndose, véndose e m...