Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

"Anatomía dunha Caída" inaugura as sesións coa Filmoteca

Imaxe
Martes, 19:30 h · Sesión única · Entrada xeral: 2 € Unha inauguración especial: comeza a colaboración entre cineclub.tui e a Filmoteca de Galicia Con Anatomía dunha caída ( Anatomie d’une chute , 2023), da directora francesa Justine Triet , inauguramos unha nova colaboración no Cineclub Tui, en que poderemos proxectar filmes que estiveron na programación da Filmoteca de Galicia . Estas proxeccións serán en  sesión única , ás 19:30 h , cun prezo simbólico de só 2 € para o público xeral. E como primeira película desta colaboración temos o provilexio de contar cunha película que se consolidou como unha das máis importantes, hai un par de anos.  Un filme que redefine o thriller xudicial Gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes 2023 e do Oscar ao Mellor Guión Orixinal , Anatomía dunha caída destacouse como unha das películas máis destacadas dos últimos anos . Triet consegue algo pouco habitual: transformar o esquema clásico do thriller xudicial nunha reflexión ...

Augas de Marzo - Novidades nun mes cargado de cinema

Imaxe
 O mes de Marzo ven cargado de cinema e de novidades, un mes con importantes novidades e actividades extraordinarias: - Sesións gratuitas os xoves 5 e 12, en colaboración coas celebracións do 8M do Concello de Tui. - Sesións especiais o Martes 17, proxección do documental " Mulleres Calvas " con charla e coloquio xunto da Asociación Apelo . -  Arranque da colaboración coa Filmoteca de Galicia , coa proxección de filmes da súa programación, con entrada reducida. - E coma sempre, cinema de calidade de todo o mundo, este mes temos películas de España, Líbano, Francia, EEUU, Bélxica... Martes 3 - Caramel (Nadia Labaki) – Dúas sesións.  Un delicado retrato coral de cinco mulleres en Beirut, que combina humor e tenrura para falar de amor, amizade e emancipación feminina nun salón de beleza cheo de vida.  Xoves 5 - Sufragistas (Sarah Gavron) – Sesión gratuita ás 19:00.  Drama histórico sobre as mulleres que loitaron polo dereito ao voto en Inglaterra, cun elenco de lu...