Sesión Especial - Diana Gonçalves
Este martes 6 retomamos as proxeccións e teremos unha proxección moi especial na que mostraremos unha parte da obra de Diana Gonçalves, directora tudense, que ao longo da súa carreira a fronteira con Portugal foi pura inspiración para as súas historias.
Obras documentais con forte presenza de mulleres protagonistas que nos ensinan as súas vivencias. Será a primeira vez que se proxecten estas tres películas xuntas, ademais de que tamén será a primeira vez que se proxecte en Tui o seu último proxecto, Resonancias, antes de que continúe o seu camiño por festivais, cineclubes e outros espazo culturais. Contaremos ca presenza da propia Diana para un coloquio posterior no que falaremos da súa obra.
Obras documentais con forte presenza de mulleres protagonistas que nos ensinan as súas vivencias. Será a primeira vez que se proxecten estas tres películas xuntas, ademais de que tamén será a primeira vez que se proxecte en Tui o seu último proxecto, Resonancias, antes de que continúe o seu camiño por festivais, cineclubes e outros espazo culturais. Contaremos ca presenza da propia Diana para un coloquio posterior no que falaremos da súa obra.
-Mulleres da raia (2009). 42 minutos
Unha viaxe ás fronteiras setentrionais de Portugal e Galicia lévanos de volta ao noso pasado máis recente. O contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. Durante os tempos de represión, con ambos os países baixo réximes ditatoriais, un gran número de portugueses emigrou a Francia cruzando as dúas fronteiras ilegalmente. As mulleres quedaron encargadas de coidar a terra e criar os seus fillos. O contrabando local era outro medio para escapar da pobreza, polo que un exército de mulleres cruzaba a fronteira todos os días para mercar e vender bens esenciais, debido á diferenza de prezos. Este comercio entre as vilas fronteirizas do Miño creou fortes lazos de amizade e forxou unha historia compartida. A fronteira, como se coñece popularmente á raia, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia, e as súas mulleres son protagonistas.
- Retrato paisaxe (2011). 9 minutos
Esta é a terceira curtametraxe da serie de retratos filmados que lle dediquei a Palmira, veciña de Tui (que xa fora unha das protagonistas de Mulleres da Raia). Anos despois, recuperei o material gravado durante as cinco edicións do obradoiro en Playdoc e converteuse na mediometraxe: Palmira (2017).
O Retrato de paisaxe, a metade do obradoiro, foi un momento delicado. Palmira faleceu aos 109 anos e quedei sen ela ao outro lado da cámara. Como seguir facendo ese retrato?
Albertino Gonçalves (Universidade do Minho) escribe no seu blog: https://margens.blog/?s=palmira
https://play-doc.com/_oldfestival/web2013/gl/o-retrato-filmado.html
- RESONANCIAS (2025). 13 minutos
Como podes facer que un lugar non che pareza estraño ou indiferente? A directora achégase a San Sadurniño (Galicia) buscando elementos familiares para superar o seu sentimento de estrañeza, un fío do que tirar. O filme convértese así nunha exploración máis persoal do universo nunha aldea estranxeira, feita por unha cineasta da fronteira, que non cede no seu intento de achegar Galicia e Portugal.
Haberá dúas sesión (ambas con coloquio) unha ás 18:30h e outra ás 20:45h
Comentarios
Publicar un comentario