Xuño continúa, compromiso co cinema

Presentámovos o cartel da programación próxima de Xuño, cunha palabra en mente: compromiso.

O Martes 10 presentamos Dorothé na Vila (Olaia Tubío e Alejandro Gándara, 2020), nunha sesión moi especial dedicada ás protagonistas das Letras Galegas deste ano: as cantareiras e a tradición oral cantada en lingua galega.
Dorothé na Vila é unha longametraxe documental que busca historias humanas detrás do Cancioneiro Popular Galego, a obra da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, que percorreu as aldeas de Galicia nos anos setenta e oitenta para gravar e clasificar as nosas músicas de tradición oral. A película visita diversos puntos do país para coñecer algunhas das persoas —maioritariamente mulleres— que foron gravadas pola investigadora ou que lle axudaron na súa aventura.
O filme quere ser unha homenaxe ás persoas que deron voz ás gravacións, destacar as súas vidas e os seus saberes, especialmente os desas mulleres que transmitiron, sustentaron e enriqueceron durante xeracións a nosa tradición oral. Desde CineClub Tui, quere dar conta do seu compromiso co cine e a cultura galega.dog

Dúas Sesións: ás 19:30h e ás 21:30h. 
Prezos:  Socios - Gratis.   Non socios - 2€



O martes 17 de Xuño traemos un auténtico clásico do século XXI, unha experiencia cinematográfica única, pero nada fácil: Dogville de Lars von Trier, a obra que impactou no seu momento pola súa forza e intensidade. É unha mostra do noso compromiso co cine como arte, como forma única e diferente de mostrar historias, e por iso nos atrevemos a traer unha obra operática (case que tres horas de duración), con tonos de drama grego, unha posta en escena como nunca se vira no cinema, unha crítica mordaz ás relacións humanas crueis baixo a apariencia benevolente da burguesía liberal. É un singular xogo emocional, no que se presenta a historia nunha escenografía fría, distante, teatral, sen paredes nas casas, sin portas, e cunha imaxe dixital de alta resolución que destaca o artificio. Sen embargo, nese contexto artificial, os actores expresan emocións que só poden sentirse "reais", profundamente sinceras, abertas e viscerais. O espectador queda atrapado entonces na sinfonía de emocións con que a película xoga a dirixilo, nunha devastadora e iluminadora fábula, da que cada quen poderá extraer os seus significados, éticos, relixiosos, políticos, ... e para moitos, tamén profundamente espirituais.

Unha única sesión: 20:00h 
Prezos: Socios - 2€      Non-socios: 4,50€


O noso compromiso cos principais temas sociais está demostrado pola nosa programación, e continuamos con ese compromiso cando se acerca unha fecha señalada para o respeto á identidade e a diversidade sexual. A película que proxectamos o último día do mes ("Só nos queda Bailar") fala dese compromiso coa súa propia historia no seu país de orixe Georgia, onde foi recibida moi duramente por unha sociedade fortemente conservadora e reaccionaria, pese a ser un filme que trata os seus temas con gran sensibilidade e elegancia. Unha historia de descobremento, aceptación e desexo entre dous xoves georgianos desenvólvese no contexto dun grupo de baile tradicional, un entorno que debera ser un veículo de expresión, liberdade e identidade e que sen embargo, é unha gaiola de homofobia e represión. O filme é acentudado pola extraordinaria fotografía, as cores, movementos e riqueza do baile trandicional, o vestiario e a música, que acompañan a unha historia que se desenvolve coma unha versión actualizada dun conto tradicional, no que os números de danza son simbólicos do que acontece no interior dos individuos.

Dúas sesións: 19:30h e 21:30h.
Prezos: Socios - 2€      Non-socios: 4,50€


Esperamos que disfrutedes da programación, coma sempre no Centro Sociocultural Camilo José Cela, na rúa Camilo José Cela Nº2, tras os novos Xulgados, e fronte ó bar Cela, no centro mesmo de Tui.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

El año en que todo comienza

Jim Jarmusch, ferozmente independente

Programación de Nadal (parte 2)