Publicacións

"A Quimera do Ouro", Charles Chaplin, unha estrea de 100 anos

Imaxe
Estamos moi contentos de anunciar a proxección tan especial que temos este xoves 26 sumándonos á celebración do 100 aniversario da película 'A quimera do ouro' de Charles Chaplin. ✨ É un logro e un orgullo para o cineclub conseguir traer un evento coma este ata Tui. Será unha proxección moi especial na que contaremos cun coloquio posterior retransmitido en streaming no que participarán Fernando Lara (crítico e exdirector do ICAA e da SEMINCI), Fernando Méndez-Leite (presidente da Academia de Cine) , Rodrigo Sorogoyen (director de 'As bestas'), e Almudena Amor (actriz gañadora do Goya por 'El buen patrón'). Non vos podedes perder esta proxección tan especial!! "É unha película que segue sendo actual porque, á súa maneira, fala da migración, da pobreza e mesmo da fame, pero faino dun xeito que alí onde hai traxedia, Chaplin sempre consegue sacar á luz (...) o humor, a solidariedade e o amor." Luciano Monteagudo - Diario Páxina 12 🔴 Sesión ás 20h 🔴 Entr...

¿Te atreves a venir a Dogville?

Imaxe
Dogville (2003) es una película audaz y provocadora que desafía la narrativa convencional con su estilo cinematográfico único y profundos temas filosóficos. Tanto si eres un cinéfilo atraído por la innovación artística como un pensador intrigado por cuestiones morales y sociales, Dogville ofrece una experiencia cautivadora que exige atención. Brillantez cinematográfica y artística Dogville es un impactante experimento de minimalismo. Filmada en un estudio prácticamente vacío, con contornos de tiza que representan paredes y puertas, von Trier elimina las distracciones visuales, obligando al público a centrarse en los personajes y sus dilemas morales. Este enfoque brechtiano, que rompe la ilusión de realismo, realza la fuerza alegórica de la película. La escenografía austera, combinada con la evocadora narración de John Hurt, crea una atmósfera fabulosa, difuminando la línea entre teatro y cine. Las actuaciones son igualmente cautivadoras. Nicole Kidman interpreta uno de sus papeles más ...

Xuño continúa, compromiso co cinema

Imaxe
Presentámovos o cartel da programación próxima de Xuño, cunha palabra en mente: compromiso. O Martes 10 presentamos Dorothé na Vila (Olaia Tubío e Alejandro Gándara, 2020), nunha sesión moi especial dedicada ás protagonistas das Letras Galegas deste ano: as cantareiras e a tradición oral cantada en lingua galega. Dorothé na Vila é unha longametraxe documental que busca historias humanas detrás do Cancioneiro Popular Galego, a obra da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, que percorreu as aldeas de Galicia nos anos setenta e oitenta para gravar e clasificar as nosas músicas de tradición oral. A película visita diversos puntos do país para coñecer algunhas das persoas —maioritariamente mulleres— que foron gravadas pola investigadora ou que lle axudaron na súa aventura. O filme quere ser unha homenaxe ás persoas que deron voz ás gravacións, destacar as súas vidas e os seus saberes, especialmente os desas mulleres que transmitiron, sustentaron e enriqueceron durante xeracións a nosa trad...

A nosa experiencia no EducODS

Imaxe
As actividades máis emocionantes que temos feito no CineClub son as que compartimos con xente da comarca, con creadores, ou con outras asociacións. Vemos de compartir convosco neste Blog interesantes sesións que compartimos coas rapazas de Mala Herba, coa escritora tudense Milena Martínez, coa directora Diana Gonçalves, co instituto Indalecio Pérez Tizón, as primeiras colaboracións co Clube de Lectura e a Biblioteca a través dos nosos valiosísimos socios...  A primeira semana de Xuño marcou a nosa primeira colaboración a outro nivel. Por primeira vez puidemos programar dentro doutra actividade e coorganizar unha programación especial temática en cooperación. Foi no marco do V Congreso Educativo EducODS, organizado polo CEIP N1 de Tui, e apoiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui, onde participaron máis de 20 centros educativos incluindo centros de infantil, primaria, secundaria, o conservatorio profesional e escola de música de Tui, e a escola da banda de música popular de T...

En Xuño, tes moito que ver

Imaxe
 Este mes de Xuño temos variedade de actividades e películas, invitamos a todos a participar: Na primeira semana de Xuño, CineClub Tui colabora co V Congreso Educativo EDUCODS , organizado polo CEIP Nº1 de Tui , co apoio do  Concello de Tui e da Xunta de Galicia . Dentro da programación do V congreso EDUCODS proxectaremos dúas películas con entrada gratuita, facilitadas por AcontraCorriente Films, e presentraremos brevemente a oferta de Acontra+ para centros educativos: - Martes 3, ás 20:00 - "Adeus Rapaces"   (Au Revoir les Enfats, Louis Malle, 1987, Francia, 104 min.) - Xoves 5, ás 20:00 - "Proxecto Nim"   (Project Nim, James Marsh, 2011, Reino Unido, 93 min.) O segundo martes de Xuño teremos unha sesión especial cunha película moi relacionada coa temática das Letras Galegas deste ano, consagradas ás cantareiras e á tradición oral popular de Galicia. As entradas serán de balde para os nososo socios, e 2€ para público xeral. - Martes 10, "Dorothé na Vila...

Morte entre as Flores, de Joel Coen

Imaxe
  Corre o ano 1929, en plena prohibición, nunha cidade indeterminada dos EEUU. Leo, un gángster que domina a cidade (incluído a política e as forzas da orde), e Tom, o seu lugartenente, enfrontan unha guerra aberta cunha banda rival que desencadeará traicións, conflitos políticos, corruptelas y escisións internas. Honor e ambición móstranse nos xefes mafiosos Leo e Caspar, e entre ambos capos enfrontados Tom se debate entre a lealdade e a traición, mostrándose como o individuo máis intelixente e cerebral, pero tamén como o gran perdedor da historia. Esta foi a terceira película dos irmáns Coen. Aínda que o seu recordo foi asolagado por moitas outras da súa profusa filmografía, no seu momento converteuse nun clásico instantáneo, e gañou o respecto e admiración da industria, do público e a crítica do cine, poñendo no mapa definitivamente ós Coen como uns mestres do estilo, da composición visual, e do manexo da linguaxe cinematográfica para falar de personaxes. “ Una película el...

Dolls, de Takeshi Kitano

Imaxe
Este martes 20 de Xuño no CineClub Tui proxectamos unha das máis fermosas películas de Takeshi Kitano: Dolls (2002), con dirección e guión de Kitano, música de Joe Hisaishi, e unha abraiante fotografía de Katsume Yanagishima. Historias cruzadas de desamor no xapón contemporáneo, parecen reproducir as historias do "Bunraku", o teatro de marionetas xaponés. Unidos por unha longa corda vermella, unha parella de xoves cruza Xapón a pe, arrastrando as consecuencias de confrontar as presións dos pais e as estrictas reglas sociais. Un anciano yakuza (mafia xaponesa), abandonou á súa amada trinta anos antes, cando era un pobre traballador nunha fábrica, pois escapou para cumplir os seus sonos de prosperidade. Agora volve ó parque onde ambos se encontraban. Haruna pasa o día mirando ó mar, o seu belido rostro está agora coberto de vendas. No hai moito tempo, era unha exitosa cantante de pop que vivía entre shows de televisión y sesión de autógrafos. A conexión con un dos seus maiore...