Dolls, de Takeshi Kitano
Unidos por unha longa corda vermella, unha parella de xoves cruza Xapón a pe, arrastrando as consecuencias de confrontar as presións dos pais e as estrictas reglas sociais.
Un anciano yakuza (mafia xaponesa), abandonou á súa amada trinta anos antes, cando era un pobre traballador nunha fábrica, pois escapou para cumplir os seus sonos de prosperidade. Agora volve ó parque onde ambos se encontraban.
Haruna pasa o día mirando ó mar, o seu belido rostro está agora coberto de vendas. No hai moito tempo, era unha exitosa cantante de pop que vivía entre shows de televisión y sesión de autógrafos. A conexión con un dos seus maiores e obsesivos fans lle devolve un momento brillante, tinxido de traxedia.
No Xapón, o paso das estacións percébese dunha forma moi intensa. É un reloxo natural que impón marcadas transformacións na paisaxe, nas formas de relacionarse dos individuos coa natureza e co entorno, a forma de comer e a multitude de ritos nos que vive a sociedade xaponesa.
Dolls plantexa unha metáfora (co fío vermello que simboliza o amor que nos une, nos ata, nos conduce, con personaxes coma bonecos nas mans dos seus sentimentos, repetindo vellas traxedias en círculo) que se desenvolve en forma dunha viaxe polas cidades, bosques e praias de Xapón, e a traverso das súas marcadas estacións, que se traducen en intensos cambios nas cores, nas texturas, nos sons.
Moi estilizada e visualmente coidada, é tamén realista e moi enfocada nas persoas. Aproxímase con honestidade e empatía a uns individuos moi peculiares, pero representativos das tensións e complexidades da sociedade xaponesa actual, aínda moi impregnada de tradición e contradiccións.
Melancolica, emocionalmente brutal, o principal tema é o remorso e o drama como opción para a redención. Nese sentido conecta cos seus filmes de temática Yakuza, pero abandona a violencia explícita para removernos interiormente, mentres nos regala os ollos con todas as cores de Xapón.
Martes 20 de Xuño, dúas sesións en versión orixinal (18:30h e 20:45h), no Espazo Sociocultural Camilo José Cela, na Rúa Camilo José Cela de Tui (tras os xulgados).
Comentarios
Publicar un comentario