Terror, humor e metáforas. Programación de Noviembro
Novembro é un mes especial para o Cineclub. Cada ano arrancamos o mes cun guiño ó cinema de terror, pero sempre cunha volta especial. O primeiro ano foi a incrible "One cut of the Dead" (unha sesión moi lembrada), metacine disfrazado de horror de serie B. O ano pasado foron Haneke e Sorogoyen. Este ano o real, o fantástico, o humor e o medo parecen ir e vir xuntos ligados polo surrealismo e o onirismo coma estilo e coma recurso. Unha programación moi variada pero con moito máis en común do que parece. Donnie Darko é a nosa opción máis próxima ó Samaín. Cunha envoltura de Ciencia Ficción e unha ambientación gótica, esta película ten a súa apoteosis no día de mortos (ou noite de bruxas), nun barrio americano en 1988, e vese como unha versión oscura, adolescente e invertida da historia de Alicia no País das Marabillas (e A Través do Espello), con múltiples paralelismos. De feito, ademáis de ser a nosa escolla de Samaín, é tamén unha colaboración co programa da Biblioteca Munic...