En Xuño, tes moito que ver
Este mes de Xuño temos variedade de actividades e películas, invitamos a todos a participar:
Na primeira semana de Xuño, CineClub Tui colabora co V Congreso Educativo EDUCODS, organizado polo CEIP Nº1 de Tui, co apoio do Concello de Tui e da Xunta de Galicia.
Dentro da programación do V congreso EDUCODS proxectaremos dúas películas con entrada gratuita, facilitadas por AcontraCorriente Films, e presentraremos brevemente a oferta de Acontra+ para centros educativos:
- Martes 3, ás 20:00 - "Adeus Rapaces" (Au Revoir les Enfats, Louis Malle, 1987, Francia, 104 min.)
- Xoves 5, ás 20:00 - "Proxecto Nim" (Project Nim, James Marsh, 2011, Reino Unido, 93 min.)
O segundo martes de Xuño teremos unha sesión especial cunha película moi relacionada coa temática das Letras Galegas deste ano, consagradas ás cantareiras e á tradición oral popular de Galicia. As entradas serán de balde para os nososo socios, e 2€ para público xeral.
- Martes 10, "Dorothé na Vila" (A. Gándara, O. Tubío, 2020, Galicia, 85 min.)
Volvendo ás proxeccións convencionais, 2€ os socios e 4 € para público xeral, traemos para empezar todo un clásico do século XXI, Dogville, unha das películas máis celebradas do polémico Lars von Trier, con Nicole Kidman no mellor papel da súa carreira. Para seguir, na semana do orgullo LGTBI, "And Then we Danced" do Georgiano Levan Akin é unha fermosa historia de reivindicación e identidade tanto persoal como cultural, e de conflicto entre liberdade e tradición.
- Martes 27 - "Dogville" (Lars von Trier, 2003, Dinamarca, 177 min.)
- Martes 24 - "And then we danced" (Levan Akin, 2019, Georgia, 113 min.)
Esperamos que disfrutedes da programación, coma sempre no Centro Sociocultural Camilo José Cela, na rúa Camilo José Cela Nº2, tras os novos Xulgados, e fronte ó bar Cela, no centro mesmo de Tui.
Comentarios
Publicar un comentario