"A Quimera do Ouro", Charles Chaplin, unha estrea de 100 anos
Estamos moi contentos de anunciar a proxección tan especial que temos este xoves 26 sumándonos á celebración do 100 aniversario da película 'A quimera do ouro' de Charles Chaplin. ✨ É un logro e un orgullo para o cineclub conseguir traer un evento coma este ata Tui.
Será unha proxección moi especial na que contaremos cun coloquio posterior retransmitido en streaming no que participarán Fernando Lara (crítico e exdirector do ICAA e da SEMINCI), Fernando Méndez-Leite (presidente da Academia de Cine) , Rodrigo Sorogoyen (director de 'As bestas'), e Almudena Amor (actriz gañadora do Goya por 'El buen patrón').
Non vos podedes perder esta proxección tan especial!!
"É unha película que segue sendo actual porque, á súa maneira, fala da migración, da pobreza e mesmo da fame, pero faino dun xeito que alí onde hai traxedia, Chaplin sempre consegue sacar á luz (...) o humor, a solidariedade e o amor." Luciano Monteagudo - Diario Páxina 12
🔴 Sesión ás 20h
🔴 Entrada 2€ persoas socias e 4,50€ público xeral
Comentarios
Publicar un comentario