Morte entre as Flores, de Joel Coen
Corre o ano 1929, en plena prohibición, nunha cidade indeterminada dos EEUU. Leo, un gángster que domina a cidade (incluído a política e as forzas da orde), e Tom, o seu lugartenente, enfrontan unha guerra aberta cunha banda rival que desencadeará traicións, conflitos políticos, corruptelas y escisións internas.
Honor e ambición
móstranse nos xefes mafiosos Leo e Caspar, e entre ambos capos enfrontados Tom
se debate entre a lealdade e a traición, mostrándose como o individuo máis
intelixente e cerebral, pero tamén como o gran perdedor da historia.
Esta foi a terceira película dos irmáns Coen. Aínda que o seu recordo foi asolagado por moitas outras da súa profusa filmografía, no seu momento converteuse nun clásico instantáneo, e gañou o respecto e admiración da industria, do público e a crítica do cine, poñendo no mapa definitivamente ós Coen como uns mestres do estilo, da composición visual, e do manexo da linguaxe cinematográfica para falar de personaxes.
“Una película elegante sobre homes con sombreiro”, foi a indicación que os Coen deron ó director de fotografía. Desde CineClub Tui ofrecemos unha nova película onde a paisaxe, o bosque e as flores están cargadas de simbolismo.
É unha película
que xoga con todos os códigos do cinema americano de gánsteres máis clásico,
ambientado no período da lei seca, e que utiliza toda a linguaxe do xénero para
falar de algo moi distinto.
Nesta película o sombreiro,
o traxe, son símbolos de estátus, de poder e dunha masculinidade áspera e
abrasiva que esconde as tribulacións, as dudas e os sentimentos honestos. O
lugar entre as flores (“Millers crossing”, crossing significa encrucillada,
pero tamén traición), onde un sombreiro voa con vida propia no claro do bosque,
adquire un valor máis que simbólico, case quemitolóxico. Os acontecementos máis
importantes da película teñen lugar nese lugar que resume a encrucillada ética
do protagonista.
Verde é o bosque,
o diñeiro e a envexa. Vermello é o sangue, a paixón e a vergoña. Negro é o
sombreiro, a traizón e a alma dos gangsters. A película ten unha minuciosa e
complexa trama que queda como unha precisa maquinaria no fondo do filme, pero
está menos interesado na historia e máis interesado nas persoas, nas súas
intencións, o seu cambio, a forma en que sucumben ou manexan ó seu destino.
Morte entre as flores (Millers Crossing, USA, 1990). 115 minutos
Dirección: Joel Coen . Guión: Joel Coen, Ethan Coen. Novela: Dashiell Hammett Música: C. Burwell; Fotografía: B. Sonnenfeld Elenco: Gabriel Byrne, Marcia Gay Harden, Albert Finney, Jon Polito, John Turturro, Frances McDormand, Sam Raimi
Este martes día 27 dúas sesións, ás 18:30 e ás 20:45. VOSE
Centro Sociocultural Camilo José Cela de Tui.
Entrada socios: 2 € Entrada non-socios: 4,50€
Comentarios
Publicar un comentario