Adio Kerida

Avanza a programación do “Setembro Xudeu” que promove o Concello de Tui ao longo deste mes, cunha Nova cita dentro da programación do "Setembro Xudeu" promovido polo Concello de Tui, agora coa proxección do documental “Adio Kerida” da antropóloga cubana-estadounidense Ruth Behar. Behar rexistra todas as etapas, os pensamentos e os testemuños recolleitos durante as súas viaxes a Cuba (do 1999 ó 2001) para descubrir a súa propia identidade.

A película é un documento único porque testemuña a identidade sefardí cubana e ao mesmo tempo insignia como a viaxe modela e transforma a identidade da antropóloga. Adio Kerida é un documental subxectivo, que trata sobre a procura de identidade e historia entre un grupo de xudeus sefardís con raíces en Cuba. 

O título do documental, Adio Kerida, provén dunha canción de amor sefardí, e o seu propósito é realzar os temas de expulsión, partida e exilio que xacen no punto crucial do legado sefardí. Ao mesmo tempo, o título invoca a enerxía creativa que se inxecta a unha cultura cando se cruzan as fronteiras raciais, étnicas e nacionais. Tamén existe unha dimensión personal para o título, e refírese ao desexo de reconciliación entre a directora e o seu pai sefardí. 

O documental componse de narracións íntimas, entrevistas moi cercanas con xudeus sefardís en Cuba e entre o grupo de cubanos en Miami, así como de historias familiares. Estes elementos mestúranse con minuciosas metraxes de cemiterios xudeus e novos rituais xudeus en Cuba para crear unha memoria fílmica cuxa visión antropolóxica está singularmente colmada de poesía e humanismo. 

Behar naceu na Habana, Cuba, no seo dunha familia de orixe xudía sefardí, que en 1961, tendo ela catro anos, emigrou como consecuencia da revolución castrista. Despois de graduarse da Universidade Wesleyana en 1977, especializouse en antropoloxía cultural na Universidade de Princeton. Viaxou regularmente a Cuba e a México en busca das súas propias raíces familiares e para estudar a vida das mulleres en distintas sociedades reprimidas. Desde 1991 as súas investigacións e escritos, centráronse en gran medida no seu país natal, Cuba. 

 Behar é profesora de Antropoloxía na Universidade de Míchigan en Ann Arbor. Os seus traballos inclúen estudios académicos, na área da antropoloxía e o feminismo, así como poesía e ficción literaria. Para a concelleira de turismo e patrimonio esta proxección permite achegarnos a un documental de grande interese na procura da identidade dunha comunidade sefardí e consecuentemente ao universo cultural e social da cultura xudía contribuído deste modo tamén ao coñecemento das súas pegadas entre nós.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Wim Wenders: Cartógrafo de Emociones

Becket, morte na catedral

Augas de Marzo - Novidades nun mes cargado de cinema