Onte, 11 de Marzo de 2025, tivemos unha tarde máxica no Centro Camilo José Cela de Tui. Todo gracias a unhas rapazas que nos trouxeron o mellor regalo que poderíamos pedir. Dirixida por Marta Insua, escrita e protagonizada por Noelia González e Sara Ferro, Nómades é un proxecto nacido do puro gusto por facer cine, e dun equipo que traballou dende a fé nas propias ideas e a amizade, a xenerosidade e o espíritu de equipo. Iso de por sí é un regalo que o equipo creativo e técnico de Nómades ofrece ó mundo. Un día, hai apenas unhas semanas, apareceu no noso email unha mensaxe ofrecéndonos a proxección da película para o público de Tui, incluíndo presentación e debate por parte das súas creadoras. Amosar a creación galega, e moi en particular a da comarca, está no ADN do Cineclub, así que foi un auténtico regalo. Pero ademáis, despois de ver o trailer e material promocional, o traballo tiña un aspecto fantástico: gran fotografía, fermosas paisaxes galegas, moi ben actuada, deliciosa música ...