Jim Jarmusch, ferozmente independente
Desta vez programamos dúas películas do director (moi) independente Jim Jarmusch, que leva décadas xogando a saltarse todos os códigos e as reglas do cine de xénero, dende o western ata o thriller, o cine de terror ou a road movie. Traballa con actores do Star System de Hollywood, pero o seu cine non podía ser máis diferente que os productos dos estudios. Insiste en manterse ferozmente independente ainda fronte á posibilidade de éxito e de fama. Nas súas mans, todo parece volverse una retorcida comedia absurda sobre o propio xénero. Curiosamente cando ataca a comedia, o resultado é moi subtil.
Son dúas películas bastante similares na súa mecánica, utilizando as posibilidades do cinema para manipular o tempo e contar moitas historias entrelazadas nunha forma que só a maxia da cámara e a edición poden conseguir.

Martes, 25 de Marzo - Mistery Train (1989)
Dúas sesións: 18:30 h; 20:45 h

Guión: Jim Jarmusch
Música: John Lurie
Elenco: Youki Kudoh, Masatoshi Nagase, Screamin’ Jay Hawkins, Cinqué Lee, Nicoletta Braschi, Elizabeth Bracco, Joe Strummer, Rick Aviles, Steve Buscemi
Memphis é o escenario e o protagonista nesta colección de historias superpostas, sempre coa sombra alongada de Elvis Presley e o seu mito. Turistas xaponeses fanáticos de Elvis, que queren chegar a Graceland, unha italiana atrapada na cidade sen ter cómo levar a Italia ó seu marido fenecido, fuxitivos perseguidos pola lei por actos ilegales realizados baixo os efectos do alcohol, a noite e a voz de Elvis na radio unen historias improbables nun ambiente fantasmal e surrealista.

Martes, 1 de Abril - Night on Earth (1991)
Dúas sesións: 18:30 h; 20:45 h Night on Earth (1991)

Guión: Jim Jarmusch
Música: Tom Waits
Equipo artístico: Winona Ryder, Giancarlo Esposito, Gena Rowlands, Armin Mueller-Stahl, Rosie Pérez, Roberto Benigni, Béatrice Dalle, Matti Pellonpää, Isaach De Bankole, Paolo Bonacelli, Kari Väänänen, Tomi Salmela, Sakari Kuosmanen
Sinopsis: Un único instante no tempo, a mitade da terra está cuberta pola noite. Medio planeta comparte noite, e os protagonistas de cinco historias (Los Ángeles, Nova Iorque, París, Roma e Helsinki) suben a distintos taxis no mesmo preciso instante. Sen conexión entre elas, máis que esa, a película amósanos esas historias, que acaban tendo en común o absurdo da vida, e o parecidos que somos os humanos cando temos unha oportunidade de ser sinceros. Historias que pendulan entre o absurdo e o profundamente emotivo.

Comentarios
Publicar un comentario