SEMANA DE CINE DE TUI
Coincidindo co noso aniversario, celebramos a nosa Primeira Semana de Cine desde o luns 5 ao domingo 11 de Outubro, e queremos invitarvos a disfrutar unha programación de sete días consecutivos de proxeccións. Longametraxes, clásicos, curtas, coloquios e unha sesión especialmente dirixida ao público familiar. Queremos dar algo para todos, en resposta á boa acollida, o apoio e ó cariño que temos recibido sempre do público do Cineclub.
A programación combina películas de diferentes épocas e procedencias, desde o grande clásico ‘O sétimo selo’, de Ingmar Bergman, ata producións recentes e daquí como ‘Antes de nós’, que foi levada hai días a San Sebastián.
Agás a sesión inaugural, que se celebrará no Teatro Municipal, as proxeccións terán lugar no Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela.
"Antes de nós" inaugura a programación
A Semana de Cine comeza o luns 5 de outubro, ás 11:00 h, coa proxección de Antes de nós, unha película de 84 minutos dirixida por Ángeles Huerta en 2025. A proxección terá lugar no Teatro Municipal de Tui; a entrada é de balde. É unha sesión moi especial organizada cos institutos Indalecio Pérez Tizón e San Paio, que virán con profesores e alumnos da ESO á proxección, e que tamén está aberta a todo o público, de forma gratuita grazas ó apoio da Filmoteca de Galicia.
Un clásico inmortal
O martes 6 chega un dos grandes clásicos do programa: O sétimo selo , de Ingmar Bergman. Esta película sueca de 1957, cunha duración de só 96 minutos, é unha das cumbres do cinema universal, falando de temas eternos (a vida e a morte, a culpa, a relixión e o fanatismo, ...), cunha atractiva caracterización na Europa medieval, cunha partida de xadrez coa Morte mesma como famoso e orixinal fío narrativo. Proxectarase en dúas sesións —ás 18:30 h e ás 20:45 h— en versión orixinal subtitulada.
Curtas dos novos talentos galegos
O mércores, o protagonismo recae nos novos cineastas. O mércores 7 de outubro, ás 20:00 h, a Semana de Cine centrarase na curtametraxe, exhibindo traballos creados por estudantes do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.
A programación inclúe as proxeccións de Salir do limbo, de Antón Rodríguez; 8 portas e Xogo de nenos, de Miguel R. Berride; O porco, de Hugo R. Morado; Taquión, de Miguel Barcia; Cinexín, de Lujan Monteiro; e Vigilia, de Teo González.
A sesión rematará cun coloquio cos cineastas, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso creativo destas producións.
Un clásico da ficción ucrónica, comentada por unha amante do xénero
Terry Gilliam e un coloquio con Conchi Regueiro. O xoves 8, ás 19:00 h, a película destacada será Os heroes do tempo (Time Bandits), dirixida por Terry Gilliam en 1981.
Esta produción británica de 110 minutos estará presentada pola escritora de ficción Conchi Regueiro, que é tamén a directora do congreso TUIDCON. Tras a proxección haberá un coloquio coa escritora, que nos falará da película e dun dos temas centrais do TUIDCON: a Historia na ficción.
Amor polas salas de Cinema
A programación continúa o venres 9 ás 21:30 h con Cinéma Laika, un filme do finlandés Veljko Vidak que destaca importancia das salas de cinema, algo que queremos celebrar desde o Cineclub. É un documental sobre unha sala de cine que o famoso director Aki Kaurismaki se empeñou en construir nun pequeno pobo no medio dos bosques finlandeses, para levar o cine a lugares onde o hábito de compartir películas en comunidade xa morreu. Unha historia moi próxima ó corazón do Cineclub Tui.
Cinema español a noite do sábado
O sábado 10 ás 21:30 h proxectaremos Una quinta portuguesa, dirixida por Avelina Prat e estreada en 2025.
Esta película española ten unha duración de 109 minutos, proxectarase en versión orixinal e está recomendada para maiores de 7 anos.
Pechamos con cine en familia
A semana de proxeccións remata o domingo 11 de outubro ás 17:30 h cunha sesión de cine familiar que inclúe a proxección de *¡Salta!*, filme de Olga Osorio estreado en 2023. Ten unha duración de 85 minutos e é apta para todos os públicos.
Entradas a partir de 2 euros.
Os prezos das entradas para as sesións da Semana de Cine son de 4,50 euros para o público xeral e de 2 euros para socios e menores de 18 anos. A proxección inaugural de *Antes de nós*, no Teatro Municipal, será de balde.
Agradecemos a colaboración e o apoio de: Filmoteca de Galicia, a Federación de Cineclubes de Galicia, o Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
Programa da Semana de Cine de Tui 2026
| Día | Actividad | Título | Hora |
|---|---|---|---|
| Luns 5 | Cinema cos institutos. Teatro Municipal | "Antes de Nos" (Ángeles Huerta) |
11:00 |
| Martes 6 | ‘O sétimo selo’ | "O Séptimo Selo" (Ingmar Bergman) |
18:30 e 20:45 |
| Mércores 7 | Mostra de cortometraxes e coloquio cos autores (co Grao en Comunicación Audiovisual, Vigo) |
Varios títulos (Sete curtas) |
20:00 |
| Xoves 8 | Proxección e Coloquio con Conchi Regueiro (Historia e ficción, colaboración co TUIDCON) |
"Heroes do Tempo" (Terry Gilliam) |
19:00 |
| Venres 9 | Sesión especial, celebrando as salas de Cine | "Cinema Laika" ( Veljko Vidak) |
21:30 |
| Sábado 10 | Cinema Español, lembrando a Manolo Solo | "Unha Quinta Portuguesa" (Avelina Prat) |
21:30 |
| Domingo 11 | Cinema en familia | "Salta" (Olga Osorio) |
17:30 |







Comentarios
Publicar un comentario