Axudades a levar 'Anónimas' á pantalla?
A equipa de 'Anónimas' está a sacar adiante un proxecto audiovisual dende Galicia que precisa do voso apoio.
' Anónimas ' é unha comedia negra con moita retranca, absurdo e tenrura. Cinco mulleres coinciden nun taller de crecemento privado dirixido por unha terapeuta que, probablemente, necesita máis terapia que elas.
Despois de moito traballo, os días 27, 28, 29 e 30 de novembro rodarán a curtametraxe no histórico Baile do Comunista, en Maceda (Ourense). Xa teñen localización e equipo pechados, pero necesitan un último empurrón para facelo realidade, por iso lanzan unha campaña de micromecenazgo en Goteo .
O proxecto xa espertou interese na prensa local e La Región fíxose eco desta aventura audiovisual nacida en Ourense e da nosa próxima rodaxe.
Dende o Cineclub apoiamos toda iniciativa creativa galega, e compartimos con elas algo importante: as ganas de que o cine siga facéndose, véndose e movéndose tamén fóra dos grandes circuítos. Cremos nas historias propias, na autoxestión e na cultura que se constrúe sumando esforzos.
Campaña de micromecenazgo: Goteo
Dossier do proxecto: Podes descargalo aquí .
Unha vez rematada, 'Anónimas' poderase proxectar no Cineclub, e poderemos compartir o resultado. Tentaremos convidar ás creadoras para que nos falen do proceso e da historia da película.
Todos axudamos a facer o cine independente.
Comentarios
Publicar un comentario