A Noite Americana (La Nuit Américaine, Truffaut, 1973)

"Qué e un director? Alguén a quen se lle fan preguntas sen cesar, e non sempre sabe a resposta", comenta Ferrand, o Alter Ego de Truffaut na película desta semana.



Truffaut dixo sobre a A Noite Americana: “É unha película sobre o meu traballo, o único que sei facer.. É un traballo que ten a particularidade de ser visualmente rechamante e interesante para os demáis, non só no seu resultado, senon tamén na súa creación, e moita xente gostaría saber qué pasa no plató de rodaxe”.

Algunhas das secuencias máis famosas sobre a mecánica da rodaxe, a inesquecible escena do soño (un neno, a noite, un cinema pechado, os fotogramas de Cidadán Kane), un argumento sinxelo como excusa para un centenar de viñetas e anecdotas, e unha das mellores bandas sonoras do cine: o "Grand Choral" de Georges Delerue, composto á maneira de Bach ou Vivaldi, expresa e lembra para sempre o pracer de facer bo cine. 




"Non conto todos os segredos do cinema, pero todo o que conto é verdade, pasoume a min e ós meus colegas". Truffaut mostra moitos dos sofrementos e frustracións dun director, as veleidades e caprichos dos actores, os dramas personais que xurden na rodaxe, pero sobre todo, fai visible a toda a xente que non adoita mostrarse: script, guión, electricistas, atrezzo, son, maquillaxe, ... un fermoso recoñecemento ás persoas que fan posible o milagre do cine.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

El año en que todo comienza

Jim Jarmusch, ferozmente independente

Programación de Nadal (parte 2)