Publicacións

Programación de Nadal (parte 2)

Imaxe
 En Xaneiro continuamos coa nosa moi especial actividade para disfrutar coa familia, sempre pensando no disfrute dun cine ben feito, con ambición, qualidade e valores artísticos. O día 4 proxectaremos o filme Big Fish (Tim Burton, 2003), presentada e comentada por Milena Martínez Basalo, natural de Tui e autora de "El imaginario fantástico de Tim Burton", un libro fascinante que explora a creatividade visual de Tim Burton, tan palpable nesta película en na súa peculiar narrativa e poética. O día 11 de Xaneiro ofrecemos unha das máis fermosas pezas de animación dos últimos anos: "O menino e o Mundo" (Alé Abreu, 2013), unha obra cargada de significados escondida dentro duns preciosos trazos coloridos e expresivos, unha animación fascinante e unha música que quere quedar connosco.

Cine de Nadal

Imaxe
 Este nadal temos sesións para familias na UNED, os sábados ás 6:30, con prezos especiais: - Socios de balde - Nenos (ata 12 anos) - 2 € - Adultos - 3 € Son sesións de curtas (de 5 a 15 minutos cada unha) de animación de múltiples técnicas e temáticas, para nenos a partir de 4 anos, e adultos ata 99 anos. O luns 23 de Decembro, ademáis, proxectarase a curta dirixida, realizada e protagonizada polos alumnos de 1º de Bacherelato do Indalecio Pérez Tizón, "A Derradeira Palabra", con presentación polos seus autores e debate posterior. Será de novo na UNED ás 6:30 PM, e desta vez de balde para todo o público, estades todos invitados.

Dhogs

Imaxe
 Hoxe, 10 de Decembro, unha película galega como nunca viches. Prezo habitual: socios 2€, non socios 4,50€

Programa Diciembre en la UNED

Imaxe
 Seguimos con un programa muy variado en la UNED, este diciembre también cine gallego.

PROGRAMACIÓN DO MES DE NOVEMBRO

Imaxe
Entrada persoas socias - 2€ Entrada público xeral - 4,50€  

A Noite Americana (La Nuit Américaine, Truffaut, 1973)

Imaxe
"Qué e un director? Alguén a quen se lle fan preguntas sen cesar, e non sempre sabe a resposta", comenta Ferrand, o Alter Ego de Truffaut na película desta semana. Truffaut dixo sobre a A Noite Americana:  “É unha película sobre o meu traballo, o único que sei facer.. É un traballo que ten a particularidade de ser visualmente rechamante e interesante para os demáis, non só no seu resultado, senon tamén na súa creación, e moita xente gostaría saber qué pasa no plató de rodaxe ”. Algunhas das secuencias máis famosas sobre a mecánica da rodaxe, a inesquecible escena do soño (un neno, a noite, un cinema pechado, os fotogramas de Cidadán Kane), un argumento sinxelo como excusa para un centenar de viñetas e anecdotas, e unha das mellores bandas sonoras do cine: o "Grand Choral" de Georges Delerue, composto á maneira de Bach ou Vivaldi, expresa e lembra para sempre o pracer de facer bo cine.  "Non conto todos os segredos do cinema, pero todo o que conto é verdade, pas...

Cartelera Cineclub Tui

Imaxe
  Ciclo de cinema no cinema One cut of the dead (Sinichiro Ueda, Xapón, 2017) A Noite Americana (François Truffaut, Francia, 1973) Os martes na sala da UNED Tui ( Rúa Antero Rubín, Antigo Convento Sto. Domingo ) Sessións ás 18:30 e ás 20:45 Prezo das Entradas: Socios - 2 €;   Non Socios - 4,50 €