Continuando co tema da exitosa proxección da semana pasada, este martes 9 temos no Cineclub outra excelente película histórica co poder e a relixión como temas centrales. Nesta ocasión trátase de Becket (1964), un cara a cara entre dous xigantes da interpretación (Peter O'Toole e Richard Burton) que reflicte a complexa relación entre dúas figuras moi controvertidas: o Rei Enrique II de Inglaterra, e Thomas Becket, o que foi seu mellor amigo, canciller, e finalmente, como primer Arzobispo de Canterbury. Desde esa posición, enfronta ó Rei e as súas reformas, poñendo a Igrexa por enriba de todo o terrenal: o estado, a amizade, e incluso a súa propia vida. É unha historia que foi contada varias veces desde diferentes perspectivas, pois Thomas Becket é entendido por algúns como un exemplo de integridade (foi convertido en Santo pola Igrexa) fronte o poder. Se ben a historia real é moito máis complexa, e ten que ver coas tradicións dos reis absolutistas normandos en choque cos costumes ...
O mes de Marzo ven cargado de cinema e de novidades, un mes con importantes novidades e actividades extraordinarias: - Sesións gratuitas os xoves 5 e 12, en colaboración coas celebracións do 8M do Concello de Tui. - Sesións especiais o Martes 17, proxección do documental " Mulleres Calvas " con charla e coloquio xunto da Asociación Apelo . - Arranque da colaboración coa Filmoteca de Galicia , coa proxección de filmes da súa programación, con entrada reducida. - E coma sempre, cinema de calidade de todo o mundo, este mes temos películas de España, Líbano, Francia, EEUU, Bélxica... Martes 3 - Caramel (Nadia Labaki) – Dúas sesións. Un delicado retrato coral de cinco mulleres en Beirut, que combina humor e tenrura para falar de amor, amizade e emancipación feminina nun salón de beleza cheo de vida. Xoves 5 - Sufragistas (Sarah Gavron) – Sesión gratuita ás 19:00. Drama histórico sobre as mulleres que loitaron polo dereito ao voto en Inglaterra, cun elenco de lu...
O mes de Xuño é moi especial para o Cineclub, e está cheo de cambios, e non é só cinema!! ¿Sabes todo o que ven? Non só os martes, non só proxeccións, non só Versión Orixinal, tantos cambios que se non prestas atención valo perder!! Este mes colaboramos con EducODS, con Galiclown e con Acolle. Temos Comedia, drama, bélica e musical, cine fresco e cine de sempre. - Martes 2 - Silent Running (D. Trumbull) 20:00 - Xunto con EducODS e Filmoteca de Galicia - Xoves 4 - Chinas (A. Echevarría) 21:00 - Xunto con EducODS - Sábado 6 - Patch Adams (T. Shadyac) 19:00 - Xunto con con Galiclown - Martes 9 - Crossing (L. Akin) 18:30, 20:45 - Martes 16 - Eu Capitán (M. Garrone) 18:30 - Xunto con Asociación Diversidade Acolle - Venres 19 - Apocalipse Now (F. Coppola) 19:00 - Sesión especial Fin de Curso - Martes 30 - A Guitarra Flamenca de Yerai Cortés (A. Alvarez) 18:30, 20:45 Esperamos a todos nestas sesións, todas únicas por un ou outro ...
Comentarios
Publicar un comentario