Sesións especiais Halloween -
One Cut of the Dead (Kamera o Tomeru na!) Xapón, 2017. 96 min.
Este Martes 29 de Outubro, unha sorprendente película xaponesa que arranca como unha cinta bastante convencional de terror de serie B, que mostra súas costuras, o seu baixo presuposto e seu amor polo xénero de terror, pero que antes da metade da película da un xiro radical e convírtese en unha rara xoia moderna: drama, documental, e sobre todo unha intelixente comedia, están empaquetados na súa curta segunda metade, que pasa coma un furacán pola sala de proxección.
Dúas sesións: primeira ás 18:30, segunda ás 20:45. Teremos un breve cinefórum depóis da proxección.
70 butacas, prioridade ós socios. Prezo regular: 4,5€ Prezo socios: 2€
Se tes algunha dúbida, escrébenos a cineclub.tui@gmail.com . Podes reservar a túa entrada pagando por Bizum, escrébenos para consultar.
Comentarios
Publicar un comentario