Becket, morte na catedral
Continuando co tema da exitosa proxección da semana pasada, este martes 9 temos no Cineclub outra excelente película histórica co poder e a relixión como temas centrales. Nesta ocasión trátase de Becket (1964), un cara a cara entre dous xigantes da interpretación (Peter O'Toole e Richard Burton) que reflicte a complexa relación entre dúas figuras moi controvertidas: o Rei Enrique II de Inglaterra, e Thomas Becket, o que foi seu mellor amigo, canciller, e finalmente, como primer Arzobispo de Canterbury. Desde esa posición, enfronta ó Rei e as súas reformas, poñendo a Igrexa por enriba de todo o terrenal: o estado, a amizade, e incluso a súa propia vida.
É unha historia que foi contada varias veces desde diferentes perspectivas, pois Thomas Becket é entendido por algúns como un exemplo de integridade (foi convertido en Santo pola Igrexa) fronte o poder.
Se ben a historia real é moito máis complexa, e ten que ver coas tradicións dos reis absolutistas normandos en choque cos costumes da Igrexa inglesa, nunha época de cambios, o que queda é a imaxe de Santo Tomás Becket como mártir por haber morto defendendo o valor e independencia da Igrexa.
E foi asasinado na Catedral, motivo polo que comentamos esta película durante a charla de Miguel A. Cajigal (@elbarroquista) na sesión da semana pasada, falando de similares intrigas e mesmo asasinatos nas igrexas e catedrais do complicado medievo galego.
Unha das narracións máís importantes do conto foi a obra de Teatro do poeta e dramaturgo T.S.Eliot, que escribiu "Morte na Catedral", na que se visualizan de forma moi intensa e dramática os últimos momentos de Thomas dentro da Catedral de Canterbury.
E pesquisando na nosa biblioteca pública de Tui atopamos esta xoia:


Gracias!!!
ResponderEliminarGracias a ti.
EliminarOlvidaba un detalle: el libro que comento fue editado en 1973, porque coincidía con los 800 años de los hechos narrados (del asesinato de Thomas Becket en la Catedral de Canterbury). Como se ve en la película, con una arquitectura que recuerda a la de la Catedral de Tui (construida en la misma época), y que nosotros programamos por los 800 años de la consagración de la Catedral.