Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Celebrando a Catedral

Imaxe
Este luns 24 de Novembro presentouse o programa de actividades culturais que abren as celebracións do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santa María de Tui. É un gran programa, amplo e variado, cobrindo música, conferencias e eventos de distinta índole. Podes descargalo no vínculo abaixo: Programa de actividades En Cineclub Tui temos o gusto de poder contribuir ó programa cunha xornada completa e entretida, entorno á arte e arquitectura de séculos atrás, con sorprendentes conexións coa nosa venerable e única catedral.    Un evento aberto, gratuito e extraordinario que tes que experimentar. A visita con Realidade Virtual (Galiverso)  permitiranos disfrutar dunha experiencia única da arquitectura e paisaxe de Tui e conectalo con outras ubicacións senlleiras de Galicia. A película "O nome da Rosa" , será o prato principal, un extraordinario filme de intriga detectivesca, pero cun rigor histórico innegable. O historiador e divulgador Miguel Ángel Cajigal (B...

O Nome da Rosa, ten moito que ver (e escoitar)

Imaxe
O grande éxito de Sean Connery e Christian Slater, "O nome da Rosa", ten moito que ver con Tui, máis do que imaxinas. En CineClub Tui estamos a preparar un evento moi especial, para este 2 de Decembro de 2025: a Primeira Xornada Imaxe+Letra . O famoso thriller detectivesco medieval será o elemento central desta xornada. A Xornada: "Imaxe+Letra" son xornadas organizadas polo CineClub para xuntar cinema e literatura, con axuda de especialistas e con películas e libros clave unidos por fíos temáticos. Nesta ocasión, coincide co arranque das actividades de conmemoración dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Con forte sabor medieval e referencias á modernidade, nesta ocasión combinamos "O Nome da Rosa" coa presentación do libro " Otra Historia de la Música " de Miguel Angel Cajigal (El Barroquista). A película e a catedral de Tui: O Nome da Rosa non precisa presentación. Un inolvidable Sean Connery encarna un Sherlock Holmes franciscano, en...

Noviembre y el cine más oscuro

Imaxe
 Nuestra programación de Noviembre está teñida de esa tendencia ancestral que tenemos, ante la llegada del frío, los días más cortos, las noches oscuras y los aullidos de los lobos hambrientos bajando de los bosques, de juntarnos a contar historias de miedo que, lejos de alimentar esos terrores, nos liberan de su peso gracias a la magia de la fábula. Y lo hacemos como siempre con variedad, tres historias en múltiples ángulos de la oscuridad. Funny Games de Haneke es lo contrario de lo que promete. No es un juego, y no es divertida. Es una interesantísima reflexión sobre la sobreabundancia de las imágenes violentas en nuestra sociedad, la frivolidad del género de terror (en concreto el "home invasion", que parodia), el poder de las imágenes para revelar lo más profundo del ser humano, y el sufrimiento real frente al cinematográfico. La más dura de las películas de terror viene del más intelectual y humanista de los directores europeos. As Bestas de Sorogoyen es un peculiarísim...