Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

"A Quimera do Ouro", Charles Chaplin, unha estrea de 100 anos

Imaxe
Estamos moi contentos de anunciar a proxección tan especial que temos este xoves 26 sumándonos á celebración do 100 aniversario da película 'A quimera do ouro' de Charles Chaplin. ✨ É un logro e un orgullo para o cineclub conseguir traer un evento coma este ata Tui. Será unha proxección moi especial na que contaremos cun coloquio posterior retransmitido en streaming no que participarán Fernando Lara (crítico e exdirector do ICAA e da SEMINCI), Fernando Méndez-Leite (presidente da Academia de Cine) , Rodrigo Sorogoyen (director de 'As bestas'), e Almudena Amor (actriz gañadora do Goya por 'El buen patrón'). Non vos podedes perder esta proxección tan especial!! "É unha película que segue sendo actual porque, á súa maneira, fala da migración, da pobreza e mesmo da fame, pero faino dun xeito que alí onde hai traxedia, Chaplin sempre consegue sacar á luz (...) o humor, a solidariedade e o amor." Luciano Monteagudo - Diario Páxina 12 🔴 Sesión ás 20h 🔴 Entr...

¿Te atreves a venir a Dogville?

Imaxe
Dogville (2003) es una película audaz y provocadora que desafía la narrativa convencional con su estilo cinematográfico único y profundos temas filosóficos. Tanto si eres un cinéfilo atraído por la innovación artística como un pensador intrigado por cuestiones morales y sociales, Dogville ofrece una experiencia cautivadora que exige atención. Brillantez cinematográfica y artística Dogville es un impactante experimento de minimalismo. Filmada en un estudio prácticamente vacío, con contornos de tiza que representan paredes y puertas, von Trier elimina las distracciones visuales, obligando al público a centrarse en los personajes y sus dilemas morales. Este enfoque brechtiano, que rompe la ilusión de realismo, realza la fuerza alegórica de la película. La escenografía austera, combinada con la evocadora narración de John Hurt, crea una atmósfera fabulosa, difuminando la línea entre teatro y cine. Las actuaciones son igualmente cautivadoras. Nicole Kidman interpreta uno de sus papeles más ...

Xuño continúa, compromiso co cinema

Imaxe
Presentámovos o cartel da programación próxima de Xuño, cunha palabra en mente: compromiso. O Martes 10 presentamos Dorothé na Vila (Olaia Tubío e Alejandro Gándara, 2020), nunha sesión moi especial dedicada ás protagonistas das Letras Galegas deste ano: as cantareiras e a tradición oral cantada en lingua galega. Dorothé na Vila é unha longametraxe documental que busca historias humanas detrás do Cancioneiro Popular Galego, a obra da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, que percorreu as aldeas de Galicia nos anos setenta e oitenta para gravar e clasificar as nosas músicas de tradición oral. A película visita diversos puntos do país para coñecer algunhas das persoas —maioritariamente mulleres— que foron gravadas pola investigadora ou que lle axudaron na súa aventura. O filme quere ser unha homenaxe ás persoas que deron voz ás gravacións, destacar as súas vidas e os seus saberes, especialmente os desas mulleres que transmitiron, sustentaron e enriqueceron durante xeracións a nosa trad...

A nosa experiencia no EducODS

Imaxe
As actividades máis emocionantes que temos feito no CineClub son as que compartimos con xente da comarca, con creadores, ou con outras asociacións. Vemos de compartir convosco neste Blog interesantes sesións que compartimos coas rapazas de Mala Herba, coa escritora tudense Milena Martínez, coa directora Diana Gonçalves, co instituto Indalecio Pérez Tizón, as primeiras colaboracións co Clube de Lectura e a Biblioteca a través dos nosos valiosísimos socios...  A primeira semana de Xuño marcou a nosa primeira colaboración a outro nivel. Por primeira vez puidemos programar dentro doutra actividade e coorganizar unha programación especial temática en cooperación. Foi no marco do V Congreso Educativo EducODS, organizado polo CEIP N1 de Tui, e apoiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui, onde participaron máis de 20 centros educativos incluindo centros de infantil, primaria, secundaria, o conservatorio profesional e escola de música de Tui, e a escola da banda de música popular de T...