Jim Jarmusch, ferozmente independente
Desta vez programamos dúas películas do director (moi) independente Jim Jarmusch, que leva décadas xogando a saltarse todos os códigos e as reglas do cine de xénero, dende o western ata o thriller, o cine de terror ou a road movie. Traballa con actores do Star System de Hollywood, pero o seu cine non podía ser máis diferente que os productos dos estudios. Insiste en manterse ferozmente independente ainda fronte á posibilidade de éxito e de fama. Nas súas mans, todo parece volverse una retorcida comedia absurda sobre o propio xénero. Curiosamente cando ataca a comedia, o resultado é moi subtil. Son dúas películas bastante similares na súa mecánica, utilizando as posibilidades do cinema para manipular o tempo e contar moitas historias entrelazadas nunha forma que só a maxia da cámara e a edición poden conseguir. Martes, 25 de Marzo - Mistery Train (1989) Dúas sesións: 18:30 h; 20:45 h Guión: Jim Jarmusch Música: John Lurie Elenco: Youki Kudoh, Masatoshi...