Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

Os 400 gopes - retrato do artista coma un neno perdido

Imaxe
Onte celebrouse o Día Internacional da Educación. Imos, pois, a reflexionar as aulas no cine e como estas se nos mostran, pero, tamén, sobre o cine nas aulas e como estas se achegan a unha manifestación cultural que nos acompaña ao longo de toda a vida. No CineClub temos proxectado, coincididndo co comezo do curso, tres extraordinarias películas sobre as aulas. O eixe destas eran, fundamentalmente, os educadores , a comunidade educativa e a súa relación cos alumnos, cos pais, coas normas, etc... Moitas películas céntranse na figura do profesorado: "Hoxe comeza todo" , "Rebelión nas aulas" , "O clube dos poetas mortos" ... Moi a miudo mostrando ao docente coma un heroe, un salvador, esa peza chave que muda destinos. Son poucas as excepcións, coma os tres filmes que proxectamos en Setembro de 2025. Nos filmes máis habituais deste subxénero, o alumnado ten un papel similar ó da víctima exótica rescatada polo "salvador branco" dun destino ominoso. O...

Programación de Xaneiro a 24 fotogramas por segundo

Imaxe
Goddard dicía: “O cinema son 24 verdades por Segundo”.  24 fotogramas por segundo, a película de 200ASA, a pantalla formato 16:9, o proxector de 35 mm, de 16mm, ou o noso querido Super8!!!  O lado técnico do cinema está cheo de números que afectan á creación, que os bos directores aproveitan para crear beleza, sen que se interpoña na creatividade.  Nos queremos que 2026 sexa un número da sorte para ó cineclub. En Xaneiro, para comenzar a programacion do ano, tres películas con números no título e seres humanos no foco.  13 de Xaneiro: “Oito e Medio”, Fellini  20 de Xaneiro: “O 47”, M. Barrena  27 de Xaneiro: “Os 400 Golpes”, Truffaut  Todas as proxeccions no Camilo José Cela, todas ó prezo habitual, 2€ para socios, 4,50€ para público xeral, e tarifa xove: 2€ para menores de 18 años.