Programación de Nadal (parte 2)

En Xaneiro continuamos coa nosa moi especial actividade para disfrutar coa familia, sempre pensando no disfrute dun cine ben feito, con ambición, qualidade e valores artísticos. O día 4 proxectaremos o filme Big Fish (Tim Burton, 2003), presentada e comentada por Milena Martínez Basalo, natural de Tui e autora de "El imaginario fantástico de Tim Burton", un libro fascinante que explora a creatividade visual de Tim Burton, tan palpable nesta película en na súa peculiar narrativa e poética. O día 11 de Xaneiro ofrecemos unha das máis fermosas pezas de animación dos últimos anos: "O menino e o Mundo" (Alé Abreu, 2013), unha obra cargada de significados escondida dentro duns preciosos trazos coloridos e expresivos, unha animación fascinante e unha música que quere quedar connosco.